miniatura|Unha anduriña non fai vrau Proverbio (procedente do latín proverbium) ou refrán é un enunciado sentencioso curto tirado da sabedoría popular, normalmente dotados de rima e con sentido figurado. Sinónimos de proverbio son refrán e paremia e, con matices propios, adaxio, máxima, sentenza, aforismo e apotegma.

O estudo dos proverbios, ou paremias, denomínase paremioloxía, e as coleccións de refráns, refraneiros.

Os refráns son sentenzas anónimas, o que non impide que moitas expresións literarias e doutras culturas tamén pasaran a formar parte do refraneiro popular, como tal, os refráns derivados de textos latinos ou mesmo da Biblia Feito este no que se basea a denominación que reciben por veces de pequenos evanxeos: "Os refrás vellos son evanxeos pequenos". E en castelán: "Refranes heredados, evangelios abreviados".. Un exemplo da posible orixe dalgún refrán nas Escrituras é o seguinte: "A castaña que está no camiño é do veciño", que reflicte a filosofía da función social da propiedade que se establecera no Levítico 19:9-10 Tamén, Levítico 23:22.: Cando fagades a seitura dos vosos campos, non seguedes todos os recantos do eido, nin fagades a rebusca das espigas caídas. Tampouco non farás a rebusca da túa viña, nin aproveitarás os acios. Serán para o pobre e o forasteiro A Biblia galega (consultado o 22.06.2021).. Outro exemplo, "Quen sementa no camiño, cansa os bois e perde o trigo", recolle a parábola do Evanxeo de Mateu, referida a aquel que sementa no camiño, entre as pedras ou nas silveiras, pero só medra o gran que botou en boa terra Evanxeo de San Mateo, 13:3ss (consultado o 22.06.2021)..

Moitos refráns recollen observacións acuñadas pola experiencia colectiva ao longo de séculos, con temas que van desde a meteoroloxía ata o destino invariable e fatalista de existencia ("A casa forte desfaina a morte" ou "Maus que non dades, ¿que agardades?" E a súa variante: "Mans que tomades e non dades, ¿que agardades?".). Constitúen unha bagaxe cultural do pobo en tempos nos que a tradición oral transmitía de xeito oral as crenzas e coñecementos dunha xeración a outra "Saber refráns poco cuesta y mucho vale", "Quien no sabe refranes ¿que es lo que sabe?"..

Miguel de Cervantes, en Don Quixote da Mancha, definía así o que é un refrán: "os refráns son sentenzas breves, sacadas da experiencia e especulación dos nosos antigos sabios" En todo caso, lémbrese que a característica propio do refrán é a súa orixe popular, e polo tanto non atribuíble a ninguén en particular, sexa sabio ou non.. Seguirá dicindo Don Quixote sobre a utilidade dos refráns: "calquera dos que dixeches, Sancho, basta para dar a entender o teu pensamento" Segunda parte, capítulo LXVII..

Bo número de refráns son pensamentos universais que foron adaptados -ou simplemente traducidos- a ámbitos xeográficos locais: "El alfayate del Cantillo, facía la costura de balde y ponía el filo" (recollido polo Marqués de Santillana) e o seu correspondente galego "O xastre das Baíñas cose de balde e mais pon as liñas". Hainos, especialmente, que só se poden aplicar a unha área xeográfica máis ou menos limitada, sobre todo os referidos a prognósticos meteorolóxicos ("Tronos pró Miño, moito pan e moito viño", "Vento de nacente, chuvia de repente").

Xaquín Lorenzo escribía o seguinte:

Estrutura

Os refráns non están suxeitos á métrica, polo que os hai que riman (en consonante: "Ruín feira, corda baleira", "A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes"; ou en asonante: "O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas", "Home sen fortuna: parto da porca en maio e da muller na seitura") e os que non o fan ("Coa vara que midas serás medido"). Igualmente, hainos breves ("Polo pan baila o can", "O falar non ten cancelas", "Ou andar ou ornear", "Ao feito, peito") e longos ("Agardar a quen non vén, ter lei a quen non a ten, darlle un bico a unha vella e falar con desentendido éche tempo perdido"), aínda que normalmente buscan brevidade, concisión e suprimen todo o que resulte innecesario, sen perder por iso o seu significado.

miniatura|esquerda|Vaca alugada, tetos enxoitos

Outro feito a salientar é que non resulta infrecuente ver recollidos nun refraneiro fórmulas que corren como cantigas ou locucións para outros autores; igualmente, poden observarse casos de refráns que tamén aparecen como parte de cantigas, ben literalmente, ben con algunha modificación esixida pola rima. Así, por exemplo, Xaquín Lorenzo recolle como refrán "A muller que come a nata non pode ter a manteiga", que Saco y Arce completa como cantiga: "Santa Marta de Ortigueira,/ a muller que come a nata/ non pode ter a manteiga".

A súa estrutura adoita ser pareada e recorren tanto á rima como a figuras literarias (antítese, elipse ou paralelismo) para facilitar o seu perpetuación oral. Co paso do tempo adquiren unha estrutura fixada A diferenza dos ditos ou locucións, que adoitan conxugarse., pero tamén son comúns as variantes que van introducindo modificacións máis ou menos leves: así, "O tempo pasa pra todos" e "O tempo vén prá todos". Pero non cabe obviar a posibilidade de que algunhas destas variantes obedezan a erros de transcrición desde os informantes orais ós colectores dos diferentes refraneiros (e mesmo a fenómenos de corrección por parte destes últimos). No caso dos refraneiros galegos existen variantes que non son tales, senón que se corresponden realmente coa maior ou menor normativización efectuada polo colector, como o feito de conservar ou normativizar dialectalismos (des, cas, frol, irmau etc.), fenómenos como o i epentético (i-auga por auga, aldeia por aldea) ou diferentes formas e grafías antigas (astra ou hastra). Tamén poden influír os cambios experimentados nas regras ortográficas ó longo do tempo.

Veracidade e falibilidade dos refráns miniatura|En terra de lobos ouvear coma todos

A veracidade dos refráns está sobrevalorada ("Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro" Ou en castelán, "Refrán viejo, nunca miente" ou "Refranes que no sean verdaderos y febreros que no sean locos, pocos".) e en moitos casos coexisten o refrán e o seu contrario ("Calen barbas e falen cartas", fronte a "Calen cartas e falen barbas" Mentres que o primeiro recomenda fixar os acordos por escrito, porque "Entre amigos, escribán e testigos", o segundo valora a palabra dada por riba doutras formalidades.; ou "Os amores novos fan esquecer os vellos" fronte a "O amor primeiro endexamais se esquece"); ou "Auga de maio trai bo ano" fronte a "Auga de maio trai mal ano"Ámbolos dous recollidos por Eladio Rodríguez, s. v. auga.. Outras veces non pasan de ser unha opinión e non un feito empírico, ou ben ter aplicación unicamente nunha zona xeográfica concreta.

Considerados como exemplos da sabedoría popular non se poden considerar sempre veraces nin acertados, por moita sona que teñan de seren certos e infalibles. Así, o Padre Feijoo negaba esta suposta veracidade con estas palabras:

Como exemplos extremos da veracidade ou falibilidade dos refráns podemos citar os seguintes. Por un lado teriamos casos como "Nunca choveu que non escampara", que significa moito máis que a aparente obviedade climatolóxica, "A todo porco chégalle o seu San Martiño", "Quen peixes queira pescar, tense que mollar" ou "Alcalde novo, todas son leis". Por outro, refráns como "Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra", ou "Se che pica unha doniña, vas dereito para a caixiña; e se che pica un escorpión, vas para o caixón", que plasman a crenza popular de que a trabada dunha donicela ou a picada dun alacrán son mortais, algo evidentemente falso.

Para Xaquín Lorenzo:

Acúsase frecuentemente ós refraneiros -e a literatura popular, en xeral- de seren en moitos casos misóxinos: "Home casado, muller é" ou "Home casado, nin muller é", claro que tamén "Home sen muller, home non é" "Da muller e do burro, canto máis lonxe máis seguro", que para a xente de mar corre como "A muller, o lume e os mares son tres males" ou "Da muller, do vento e do mar non hai que fiar" "Cando discutas coa muller, pensa que has de perder" "¿Dona fermosa? Ou tonta ou vanidosa" "De muller que sabe latín, e mula que fai ¡hin!, arrenega hastra o fin"

Outros son xenófobos, racistas ou anticlericais ("O abade que foi monaguillo, ben sabe quen lle bebe o viño", "Onde o crego canta, xanta", "¿Crego moi predicadeiro? Coida do teu diñeiro" ou "Pedra de igrexa, ouro gotexa"), e hainos, efectivamente, que recomendan seguir un comportamento totalmente egoísta ("Cando foras ao concello, lémbrate do teu e deixa o alleo" Ou a variante: "Cando fores a concello, acorda no teu e deixa o alleo"), pero o certo é que non se deben xulgar cos principios morais e éticos actuais. Tamén os hai que desde unha óptica actual son absolutamente irrespectuosos cos máis elementais principios da conservación do medio, como aquel que asegura que "Ave que voa, pra cazola é boa" ou "Peixe con ollos, á caixa".

Clasificacións Os paremiólogos discuten sobre os sistemas de clasificación dos refráns sen chegar a un acordo sobre os criterios a seguir.

Basicamente hai dous sistemas de clasificación: temática ou alfabética, cada un deles coas súas vantaxes e inconvenientes. O criterio de clasificación temática ten como principais inconvenientes a subxectividade introducida polo colector e a repetición obrigada que esixiría o feito de poderse aplicar a dúas ou máis realidades, ben porque esta dualidade é un feito obxectivo (como "A muller na casa e o home na arada", que se podería clasificar en tres temas), ben porque en moitos casos o significado recto difire do significado metafórico (e este segundo resulta en todo caso máis propio do seu valor como refrán, como sabedoría popular). Un caso no que este significado metafórico desborda o significado literal sería, por exemplo "De hoxe para mañá o carneiro perde a la" (no que se percibe unha clara ameaza).

Seguindo este criterio temático publicáronse, por exemplo, refraneiros sobre diversos temas: O home ou a muller: Os mil e un refrás galegos do home (Ed. do autor, Lugo 1977) e Os mil e un refráns galegos da muller (Alvarellos, Lugo 1978), en ámbolos casos de Xosé Moreiras Santiso; ou o Refraneiro da muller (Ed. Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1976), de Xosé Sesto López, miniatura|Boi pequeno, todo é corna A vaca: Refraneiro galego da vaca, de Xesús Ferro Ruibal e Pedro Benavente (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 1994), O cabalo: "'A cabalo regalado non se lle mira o dente'. Compilación da fraseoloxía equina actual", de Fernando Groba Bouza (en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, px. 317-372), O porco: O libro do porco, de Xosé María Álvarez Blázquez (Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972), O viño: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, de recolleita anonima (Ed. Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968), O mar e a pesca: "O refraneiro do mar", de Clodio González Pérez (en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147), A xustiza: Refráns da xustiza, de Xesús Ferro Ruibal (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, 1995), ou o O clero: O clero na literatura popular galega. Cancioneiro e refraneiro, do Equipo A.P. (Emilio, Xesús e Sara Alonso Pimentel) (Akal, 1975).

miniatura|A todo porco chégalle o seu San Martiño