Francisco Javier Comesaña Concheiro, nado na Habana en 1944 e finado en El Escorial o 8 de abril de 2011Tui llora con Chonchiña la muerte de su hijo Francisco, foi un violinista galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Comesaña Rendo, exiliado republicano en México, comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Nacional de México. Continuou a súa formación no Conservatorio Chaikovsky de Moscova con Igor Bezrodny.

Entre 1974 e 2003 foi profesor da Orquestra Sinfónica de Radiotelevisión Española. Foi un dos integrantes do "Cuarteto Hispánico-Numen", co que estreou o Concerto para frauta e sexteto de corda de Cristóbal Halffter tocando cos Stradivarius da colección da Casa Real.

Actuou como solista con diferentes orquestras en España, México, Canadá e Rusia, entre as cales se atopa a Orquestra Filharmónica da Universidade Nacional de México, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Sinfónica Portuguesa.

Estreou en España o Concerto número 2 e a Sonata de Dmitrii Shostakovich, o Concerto número 3 e o Concerto número 4 de A. Schnittke e o Offertorium de Sofiia Gubaidulina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ha muerto Francisco Comesaña

Categoría:Violinistas de Galicia Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2011