Victoriano Guisasola Rodríguez, nado en Oviedo en 1821 e finado en Santiago o 20 de xaneiro de 1888, foi un prelado español, bispo de Orihuela entre 1882 e 1886, e arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela dende 1886 até o seu pasamento.
Traxectoria Tío de Victoriano Guisasola Menéndez (1852 - 1920), prelado e home de letras, foi cóengo penitenciario na catedral de Sevilla. En 1882 foi promovido a bispo de Orihuela (Alacant), desde onde pasou a presidir a arquidiocese de Santiago de Compostela en 1886, falecendo no desempeño do seu ministerio en 1888.
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nados en 1821 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Finados en 1888 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Arcebispos católicos de España