O 6 de setembro é o 249º día do ano do calendario gregoriano e o 250º nos anos bisestos. Quedan 116 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1522 - Juan Sebastián Elcano chega a Sanlúcar de Barrameda despois de dar a primeira volta ao mundo. 1815 - En Xamaica, o militar venezolano Simón Bolívar redacta a Carta de Xamaica. 1822 - Abolición da Inquisición en Portugal. 1968 - Independencia de Eswatini do Imperio británico. 1970 - Miguel Anxo Araúxo Iglesias é ordenado bispo de Mondoñedo-Ferrol en galego por primeira vez na historia da Igrexa en Galicia. 1991 - Rusia recoñece a independencia das repúblicas bálticas, Estonia, Lituania e Letonia. 1997 - Brett J. Gladman, Philip D. Nicholson, Joseph A. Burns, e John J. Kavelaars descobren as lúas Sicorax e Calibán do planeta Urano, usando o telescopio Hale de 200 polgadas.
Nacementos miniatura|100px|John Dalton. 1666 - Iván V, Tsar de Rusia (m. 1696). 1729 - Moses Mendelssohn, filósofo alemán (m. 1786). 1757 - Marqués de La Fayette, militar e político francés (m. 1834). 1766 - John Dalton, científico británico que desenvolveu a teoría atómica da materia (m. 1844). 1802 - Alcide d'Orbigny, naturalista, arqueólogo, antropólogo e explorador francés (m. 1857). 1860 - Jane Addams, traballadora social estadounidense, Premio Nobel da Paz (m. 1935). 1876 - John James Richard Macleod, médico británico, Premio Nobel de Medicina en 1923 (m. 1935). 1892 - Edward Victor Appleton, físico británico, Premio Nobel de Física en 1947 (m. 1965). 1896 - Balbino Clemente, futbolista galego (m. 1941). 1906 - Luis Federico Leloir, químico arxentino, Premio Nobel de Química en 1970 (m. 1987). 1913 - Leônidas da Silva, futbolista brasileiro (m. 2004). 1921 - Carmen Laforet, escritora española (m. 2004). 1925 - Andrea Camilleri, escritor e director de televisión e teatro italiano. 1925 - Ángel González, poeta español (m. 2008). 1936 - Francisco Frutos, político español. 1943 - Richard J. Roberts, químico británico, profesor e Premio Nobel de Medicina en 1993. 1944 - Donna Haraway, filósofa norteamericana. 1948 - Karlos Arguiñano, cociñeiro vasco. 1952 - Fernando González Laxe, político galego. 1957 - Michaëlle Jean, política canadense. 1967 - William DuVall, cantante estadounidense do grupo Alice in Chains. 1972 - Idris Elba, actor británico. 1976 - Naomie Harris, actriz británica. 2006 - Hisahito, membro da familia imperial xaponesa.
Mortes miniatura|100px|Narcís Monturiol. 1839 - Vicente González Moreno, militar español (n. 1778). 1848 - Cachamuiña, militar galego (n. 1771). 1885 - Narcís Monturiol, enxeñeiro, intelectual e inventor catalán, que inventou o primeiro submarino tripulado con motor, bautizado como Ictíneo (n. 1819). 1907 - Sully Prudhomme, escritor francés (n. 1839). 1956 - Michael Ventris, arquitecto inglés (n. 1922). 1974 - Olga Baclanova, actriz rusa (n. 1896). 1987 - Enrique de la Mata, político español (n. 1933). 1987 - José Benito Abraira, galeguista da Arxentina (n. 1904).
1998 - Akira Kurosawa, cineasta xaponés (n. 1910).
2007 - Luciano Pavarotti, cantante italiano (n. 1935). 2018 – Burt Reynolds, actor estadounidense (n. 1936).
Festas e celebracións Día Mundial da Fisioterapia
Outros Santoral: San Zacarias, Eleuterio, Euxenio, Fausto, Xermán, Leto, Macario e Zacarías; Santas Xoana e Eva.
Notas
Os 366 días do ano
06