A charrela cinsenta, comunmente charrelachrrela no Dicionario da RAG. ou perdiz charrela, Perdix perdix, é unha especie ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres comprendidas no xénero Perdix.

De orixe eurasiática, foi introducida e aclimatada como peza de caza en Norteamérica, onde se distribúe na actualidade nas pradarías do norte dos Estados Unidos e do sur e o leste do Canadá.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 160 da 10ª edición do seu Systema Naturae,Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS. co nome de Tetrao perdix.Tetrao, na páx. 160 do Systema Naturae linneano.

Etimoloxía Ver a etimoloxía en Perdix.

Subespecies Na actualidade recoñécense nesta especie as oito subespecies seguintes: Perdix perdix (Linnaeus, 1758) Perdix perdix armoricana Hartert, 1917 - Francia Perdix perdix canescens Buturlin, 1906 - Turquía, sur do Cáucaso, Transcaucasia e norte e noroeste de Irán. Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892 - Pireneos centrais, norte de España e nordeste de Portugal Perdix perdix italica Hartert, 1917 - península Italiana Perdix perdix lucida (Altum, 1894) - desde Finlandia até os montes Urais polo leste, e aaté as ribeiras do mar Negro, Crimea e o Cáucaso polo sur. Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758) - sur de Escandinavia, Gran Bretaña, e do nordeste de Francia a Grecia. Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883 - desde os Urais até o Altai, chegando polo leste a Saian e a república rusa de Tuba, e polo sur até a costa do mar Caspio, o mar de Aral e o Sinkiang. Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894) - norte dos Países Baixos e noroeste de Alemaña.

Características A charrela é unha ave de entre 29 e 31 cm de lonxitude, ás e cola arredondadas e aspecto gordecho. A fronte, os lados da cabeza e a gorxa son de coloración que vai do laranxa o castaño ferruxento, o lombo e as plumas superiores da cola son gris claras. Os lados e partes laterais do peito teñen bandas castañas, Na metade inferior do papo teñen unha mancha castaña, chamada escudo, que a miúdo falta ou é moi pequena nas femias. O debuxo da plumas cobertoiras dos ombreiros permite diferenciar as femias dos machos: as primeiras teñen listas transversais das que os machos carecen. Tamén o debuxo da parte superior da cabeza cambia segundo os sexos: os machos teñen raias que no caso das femias son manchiñas.

Bioloxía reprodutora miniatura|200px|esquerda|Macho de charrela chamando. miniatura|esquerda|200px|Ovos de charrela. A época de apareamento comeza cando se acaba a parte máis dura do inverno. As charrelas establecen parellas monógamas que duran unha estación de cría. Fan o niño no chan, no que se confunden ben grazas á súa plumaxe críptica de fondo gris e castaño con manchas negras, avermelladas e castañas. Poñen entre 10 e 25 ovos, que chocan unhas tres semanas. As femias defenden o niño con forza e moitas veces non o abandonan ata o último momento, aínda que a ameaza sexa evidente. Cando os polos saen do ovo móvense en grupos familiares. Cando se atopan dúas familias durante a época de cría, poden ter lugar fortes disputas. Só a finais do outono se forman bandos compostos por varias familias. Durante o inverno as poboacións redúcense moito, malia a resistencia das charrelas ó frío.

As charrelas son moi fieis ós seus territorios e os exemplares novos adoitan asentarse preto dos adultos.

Status A distribución xeográfica e o número de exemplares vense ameazados polos cambios nos sistemas agrícolas, sobre todo a mecanización das colleitas. A IUCN calcula a poboación total da charrela entre 2,5 e 5 millóns de exemplares, polo que, malia o lixeiro retroceso da especie, a cualifica como "non ameazada".

Nomes vulgares noutras linguas Alemán: Rebhuhn Catalán: Perdiu xerra Danés: Agerhøne Español: Perdiz pardilla Euskara: Eper gris Francés: Perdrix grise Inglés: Grey Partridge Italiano: Starna Neerlandés: Patrijs Polaco: Kuropatwa Sueco: Rapphöna

Notas =

Véxase tamén Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3. Penas Patiño, X. M. e E. Dapía Sanchez (1995): "Perdix perdix (Linn.) Perdiz charrela". En: VV. AA. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves. Santiago de Compostela: SGHN / CCG. ISBN 84-8717-289-X. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2. Raethel, Heinz-Sigurd (1996): Wachteln, Rebhühner, Steinhühner, Frankoline und Verwandte. Reutlingen: Oerter+Spörer Verlag. ISBN 978-3-8862-7557-1.

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Perdices Perdix Perdix perdix hispaniensis

Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves de Europa Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné