Erín Moure, nada en Calgary (Alberta) o 17 de abril de 1955, é unha poeta canadense con orixes galegas."A poeta canadiense Erin Moure incorpora o galego á súa obra" , artigo en La Voz de Galicia, 6 de xullo de 2002.

Traxectoria Estudou na Universidade de Calgary e na Universidade da Columbia Británica. Vive en Montreal, Quebec. Traduciu ao inglés a Rosalía de Castro, Chus Pato e Lupe Gómez. Está vinculada á Universidade de Vigo a través do Seminario de Investigación Feminismos e Resistencias dende 2008. En 2015 foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo."La Universidad distinguirá a la poeta y traductora canadiense Erín Moure como honoris causa", artigo en Faro de Vigo, 13 de febreiro de 2016 .

En maio de 2026 participou no Rosalía en camiño en Padrón e Santiago.

Obra Empire, York Street - 1979 Wanted Alive - 1983 Domestic Fuel - 1985 Furious - 1988 WSW - 1989 Sheepish Beauty, Civilian Love - 1992 Two Women Talking: Correspondence 1985-1987 - 1994 (con Bronwen Wallace) The Green Word: Selected Poems: 1973-1992 - 1994 Search Procedures - 1996 A Frame of the Book - 1999 Pillage Laud - 1999 Sheep's Vigil by a Fervent Person - 2001 O Cidadán - 2002 Little theatres - 2005 (traducida ao galego como Teatriños ou aturuxos calados por María Reimóndez. Galaxia, 2007) O Cadoiro - 2007 Expeditions of a Chimæra (en colaboración con Oana Avasilichioaei) - 2009 O Resplandor - 2010 The Unmemntioable - 2012 Planetary Noise: Selected Poetry, editado por Shannon Maguire (Wesleyan, 2017). Obras colectivas 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Traducións Installations - 2000, tradución do francés en colaboración con Robert Majzels de Installations de Nicole Brossard Sheep's Vigil by a Fervent Person - 2001, tradución do portugués de O Guardador de Rebanhos de Fernando Pessoa Museum of Bone and Water - 2003, tradución do francés en colaboración con Robert Majzels de Musée de l'os et de l'eau de Nicole Brossard Notebook of Roses and Civilization - 2007, tradución do francés en colaboración con Robert Majzels de Cahier de roses & de civilisation de Nicole Brossard Charenton - 2007, tradución do galego da obra de Chus Pato Charenton Quase Flanders, Quase Extremadura - 2008, tradución do español de versos de Andrés Ajens m-Talá - 2009, tradución do galego da obra de Chus Pato m-Talá Hordes of Writing - 2011, tradución do galego da obra de Chus Pato Hordas de escritura Just Like Her – 2011, tradución do francés da obra de Louise Dupré Tout come elle White Piano - 2013, tradución do francés en colaboración con Robert Mazjels da obra de Nicole Brossard Piano blanc Galician Songs - 2013, tradución do galego da obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos Flesh of Leviathan - 2016, tradución da obra de Chus Pato Carne de Leviatán. My Dinosaur - 2016, tradución da obra de François Turcot Mon dinosaur. New Leaves - 2016, tradución de Follas novas, de Rosalía de Castro. Paraguayan Sea - 2018, tradución do portuñol ao franglés da obra de Wilson Bueno Mar paraguayo Distance of the Wolf: A Biography of Uxío Novoneyra, tradución da biografía de Uxío Novoneyra escrita por Antón Lopo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Griffin Poetry Prize biography, including audio clip Erín Moure homepage at U. Toronto Poet of the Month from CBC Words at Large (xullo de 2007) Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Nados en Calgary Categoría:Nados en 1955 Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores do francés Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Vigo

Categoría:Galicianistas