The Stone Roses é unha banda orixinaria de Manchester (Inglaterra), representativa do movemento Madchester de finais dos anos 80. É un dos grupos que máis influíu a bandas da escena Britpop nos anos 90. O grupo separouse no ano 1996, pero no mes de outubro de 2011 anunciaron a súa reunión para realizar dous concertos en Manchester seguidos dunha xira mundial.
Historia Formouse en 1984, con Ian Brown na voz, John Squire á guitarra, Gary Mounfield (de alcume "Mani") co baixo, e Alan Wren, (de alcume "Reni") á batería. A súa música caracterízase por ter atractivas melodías ó estilo dos Beatles combinadas co son dance-beat da época. Con apenas un par de sinxelos obtiveron unha auréola de culto, e a prensa especializada tratábaos con reverencia. A banda só chegou a editar dous discos (un homónimo ("Stone Roses") en 1989 e un segundo disco, "Second Coming" en 1994, longamente demorado por problemas legais coa discográfica Silvertone) antes de separarse por problemas entre os seus integrantes.O primeiro disco obtivo categoría de clásico case antes do seu lanzamento. O segundo é máis irregular pero cunha produción brillante e esmerada (ten, por exemplo, ducias de pistas en branco) con refachos de solidez esmagadora.
Trala separación, Ian Brown iniciou unha carreira solista, mentres que Squire formou the Seahorses e Mani uniuse a Primal Scream. De Reni, o primeiro en abandonar a banda, pouco se soubo ata que anunciou a formación dunha nova banda, The Rub.
Discografía Discos Álbum Ano Selo The Stone Roses 1989 Silvertone Second Coming 1994 Geffen
Remesturas/Compilacións Turns into Stone - 1992 The Complete Stone Roses - 1995 Garage Flower - 1996 Remixes - 2000 The Very Best of The Stone Roses - 2002
Sinxelos "So Young" (setembro de 1985) "Sally Cinnamon" (maio de 1987, lanzado de novo en xaneiro de 1990) "Elephant Stone" (outubro de 1988, lanzado de novo en marzo de 1990) "Made Of Stone" (febreiro de 1989, lanzado de novo en marzo de 1990) "She Bangs The Drums" (xullo de 1989, lanzado de novo en marzo de 1990) "Fools Gold/What The World Is Waiting For" (novembro de 1989, lanzado de novo en setembro de 1990) "One Love" (xullo de 1990) "I Wanna Be Adored" (setembro de 1991) "Waterfall" (xaneiro de 1992) "I Am The Resurrection" (abril de 1992) "Love Spreads" (novembro de 1994) "Ten Storey Love Song" (febreiro de 1995) "Fools Gold '95" (abril de 1995) "Begging You" (novembro de 1995) "Crimson Tonight EP" (febreiro de 1996) "Fools Gold '99" (marzo de 1999)
Vídeos The Stone Roses I Wanna Be Adored Elephant Stone She Bangs The Drums Waterfall Turns Into Stone Fools Gold Second Coming Ten Storey Love Song Love Spreads Ligazóns externas páxina de Ian Brown (en inglés) páxina de John Squire (en inglés) https://web.archive.org/web/20110201002424/http://www.the-stone-roses.co.uk/ (en inglés)
Stone Roses Stone Roses Categoría:Grupos musicais formados en 1983 Categoría:Grupos musicais separados en 1996 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2011