O 17 de setembro é o 260º día do ano do calendario gregoriano e o 261º nos anos bisestos. Quedan 105 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1111 - Coroación de Afonso Raimundes como rei de Galiza polo Conde de Traba e o arcebispo Xelmírez. Restauración da dinastía real galaica. 1176: o exército bizantino e o exército turco selxúcida libraron a batalla de Miriocéfalo. 1394 - O rei Carlos VI ordena que todos os hebreos sexan expulsados da Francia. 1630 - Fundación da cidade de Boston, nos Estados Unidos. 1787 - Asínase a Constitución dos Estados Unidos en Filadelfia. 1934 - A Unión Soviética ingresa na Sociedade de Nacións. 1939 - Comeza a invasión soviética de Polonia coa entrada das tropas mandadas por Stalin en Polonia. 1944 - Segunda guerra mundial: comeza a batalla de Arnhem, en Holanda, que dura até o día 25 e é considerado o último éxito do Exército alemán, á par dun fracaso do xeneral británico Montgomery. 1978 - O presidente exipcio Anwar el-Sadat e o primeiro ministro israelí Menahem Begin asinan un acordo de paz en Camp David, nos Estados Unidos. 1980 - Un comando guerrilleiro mata o ex-ditador de Nicaragua, Anastasio Somoza, que estaba refuxiado en Paraguai. 1982 - Masacres nos campamentos palestinos de Sabra e Shatila, sitos en Líbano.

Nacementos miniatura|100px|Francisco de Quevedo. miniatura|100px|Bernhard Riemann. miniatura|100px|Anne Bancroft. 879 - Carlos III, rei de Francia (m. 929). 1550 - Paulo V, papa da Igrexa católica (m. 1621). 1580 - Francisco de Quevedo, escritor e poeta español (m. 1645). 1826 - Bernhard Riemann, matemático alemán (m. 1866). 1838 - Valeriano Weyler, militar e político español. 1850 - Abilio Manuel Guerra Junqueiro, poeta portugués (m. 1923). 1857 - Konstantin Tsiolkovskii, científico ruso (m. 1935). 1869 - Christian Lous Lange, historiador e pacifista noruegués, Premio Nobel da Paz en 1921 (m. 1938). 1915 - Adolfo Sánchez Vázquez, filósofo, escritor e profesor mexicano de orixe española (m. 2011). 1916 - Francesco Masala, poeta e ensaísta italiano en lingua italiana e sarda (m. 2007). 1918 - Chaim Herzog, presidente de Israel (m. 1997). 1929 - Stirling Moss, piloto de Fórmula 1. 1922 - António Agostinho Neto, escritor, poeta e político angolano, primeiro presidente de Angola (m. 1979). 1931 - Anne Bancroft (Anna Maria Louisa Italiano), actriz estadounidense (m. 2005). 1935 - Ken Kesey, escritor estadounidense (m. 2001). 1942 - Lupe Ontiveros (Guadalupe Moreno Ontiveros), actriz estadounidense (m. 2012). 1944 - Reinhold Messner, alpinista italiano. 1945 - Bruce Spence, actor neozelandés. 1948 - John Ritter, actor estadounidense (m. 2003). 1950 - Narendra Modi, político indio, primeiro ministro da India. 1954 - Albert Oehlen, pintor alemán. 1954 - Xesús Emilio Pisón Villapol, dramaturgo galego. 1958 - Nancho Novo (Venancio Novo Cid-Fuentes), actor e músico galego. 1960 - Damon Hill, piloto británico de Fórmula 1. 1968 - Tito Vilanova (Francesc Vilanova i Bayo), futbolista e adestrador español (m. 2014).

Mortes miniatura|100px|Hildegard von Bingen. 1179 - Hildegard von Bingen, mística, escritora, poeta e médica alemá (n. 1098). 1665 - Filipe IV, rei de España e de Portugal (n. 1605). 1768 - Manuel da Maía, arquitecto e enxeñeiro portugués (n. 1680). 1862 - Bonaventura Carles Aribau, escritor e economista español (n. 1798). 1879 - Eugène Viollet-le-Duc, arquitecto, arqueólogo e escritor francés (n. 1814). 1923 - José Suárez Duque, sindicalista, xornalista e escritor galego (n. 1872). 1936 - Gonzalo Martín March, político galego (n. 1897). 1960 - Secundino Couto Solla, canteiro, contratista e político galego (n. 1873). 1980 - Anastasio Somoza Debayle, militar e político nicaraguano, presidente da Nicaragua (n. 1925). 1994 - Karl Popper, filósofo da ciencia e político británico de orixe austríaca (n. 1902). 2005 - Manuel Hermida Losada, Hermidita, futbolista galego do Celta de Vigo (n. 1924). 2013 - Martín de Riquer Morera, filólogo e medievalista español (n. 1914). 2016 – Charmian Carr, actriz Estadounidensa (n. 1942).

Festas e celebracións Día Internacional do Doante de Medula Ósea web da Fundación Carreras .. Día Mundial da Seguridade do Paciente , establecido en 2019 pola OMS.

Outros Santoral: San Roberto Belarmino, Santa Ariadna.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro