O 12 de abril é o 102º día do ano do calendario gregoriano e o 103º nos anos bisestos. Quedan 263 días para finalizar o ano.
Acontecementos 467 - Antemio é proclamado emperador romano de Occidente. 1204 - A 4a Cruzada saquea Constantinopla. 1606 - Adóptase a Bandeira da Unión como bandeira nacional de Gran Bretaña. 1609 - Os Países Baixos recobran a independencia de España. 1633 - Comeza o interrogatorio formal da Inquisición a Galileo Galilei. 1861 - Comeza a guerra civil estadounidense co bombardeo de Fort Sumter, en Charleston, Carolina do Sur, Carolina do Sur 1877 - O Reino Unido anexiona o Transvaal. 1928 - O rei de Italia, Vítor Manuel III, sae ileso dun atentado na inauguración da Feira de Mostras de Milán 1931 - Eleccións municipais en España, que dan o triunfo maioritariamente aos partidos republicanos aliados no Pacto de San Sebastián. 1945 - Harry S. Truman convértese en presidente dos Estados Unidos. 1950 - O príncipe Rainiero sobe ao trono de Mónaco. 1961 - O cosmonauta soviético Iuri Gagarin tórnase no primeiro home no espazo, ao realizar un voo a bordo da nave Vostok 1. 1976 - Enterro de Otero Pedrayo, primeira misa en galego de monseñor Temiño, bispo de Ourense. 1981 - Primeiro Lanzamento dunha nave espacial tipo "Space Shuttle": Columbia lánzase para a misión STS-1, con dous homes a bordo, culminando con éxito o seu primeiro voo espacial. 1985 - Un atentado atribuído á "xihad Islámica" no restaurante El Descanso de Madrid, provoca 18 mortos e 82 feridos. 1992 - Inauguración de EuroDisney en Marne-la-Vallée, Francia. 1994 - Israel e a OLP conclúen n'O Cairo o acordo sobre a policía palestina que se despregará en Gaza e Xericó e que contará con 9.000 homes. 2002 - Tentativa de golpe de Estado contra Hugo Chávez en Venezuela.
Nacementos miniatura|100px|Herbie Hancock. thumb|100px|Shannen Doherty. 1735 - Bernardo Herbella de Puga, xurista galego (m. 1807). 1839 - Víctor Castro Soto, xornalista galego. 1871 - Ioannis Metaxás, ditador grego (m. 1941). 1883 - Clarence Irving Lewis, filósofo estadounidense (m. 1964). 1884 - Otto Fritz Meyerhof, fisiólogo alemán (m. 1951). 1908 - André Martinet, lingüista francés. 1911 - Rita Fernández Queimadelos, arquitecta galega 1933 - Montserrat Caballé, soprano catalá. 1940 - Herbie Hancock, pianista e compositor estadounidense. 1942 - Carlos Reutemann, piloto de carreiras arxentino. 1947 - Tom Clancy, escritor en lingua inglesa. 1953 - Álex Angulo, actor vasco. 1955 - Jean-Louis Aubert, guitarrista, cantante e compositor francés. 1956 - Walter Salles, director de cine brasileiro. 1956 - Andy García, actor cubano. 1961 - Willi Ninja, bailarín e coreógrafo afroamericano (m. 2006). 1968 - Juanillo Esteban, actor, contacontos, e guionista galego. 1971 – Shannen Doherty, actriz estadounidense. 1979 - Jennifer Morrison, actriz e modelo estadounidense. 1985 - Shakhriyar Mamedyarov, xadrecista profesional acerbaixano.
Mortes miniatura|100px|Josephine Baker. 1888 - Antonio Casares Rodríguez, químico galego. 1897 - Edward Drinker Cope, paleontólogo e anatomista comparativo estadounidense. 1912 - Janez Mencinger, escritor esloveno. 1919 - Elisa Patiño, primeira galega en pilotar un avión. 1928 - Adolf Hohenstein, pintor e deseñador alemán (n. 1854). 1931 - Miguel Gil Casares, médico e político galego (n. 1871). 1945 - Franklin D. Roosevelt, presidente dos Estados Unidos (n. 1882). 1965 - A Bela Otero, actriz e bailarina de orixe galega. 1971 - Igor Tamm, físico soviético (n. 1895). 1972 - C. W. Ceram, xornalista e crítico literario alemán (n. 1915). 1975 - Josephine Baker, bailarina e cantante afroamericana (n. 1906). 1980 - Sonja Wigert, actriz norueguesa de cinema. 2001 - María Dolores Vila Jato, historiadora da arte galega (n. 1950).
Festas e celebracións Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados. A data conmemora o voo realizado polo ruso Iuri Gagarin en 1961, converténdose no primeiro home en voar polo espazo exterior.Declaración da ONU do 21.06.2011. Día Internacional da Atención Primaria.
Outros Santoral: Santos Damián, Vítor, Xulio e Zenón.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Abril