Force India Formula One Team Limited, competindo como Racing Point Force India F1 Team, é un equipo de carreiras Fórmula 1 con sede en Silverstone, Reino Unido, con licenza Británica (o equipo competiu cunha licenza India desde ata mediados de ). O equipo formouse en outubro de 2007 cando un consorcio liderado polo empresario indio Vijay Mallya e o empresario holandés Michiel Mol mercaron o equipo de Spyker F1 por 90 millóns de €.

Logo de disputar 29 carreiras sen sumar puntos, Force India gañou os seus primeiros puntos no campionato do mundo de Fórmula Un e un lugar no podio cando Giancarlo Fisichella terminou segundo no Gran Premio de Bélxica de 2009, Force India puntuou de novo na carreira seguinte, cando Adrian Sutil terminou en cuarto lugar, e estableceu a volta rápida, no Gran Premio de Italia. Os outros podios do equipo son ata agora cinco terceiros lugares, no Gran Premio de Bahrain de 2014, o Gran Premio de Rusia de 2015, o Gran Premio de Mónaco de 2016, o Gran Premio de Europa de 2016 e o Gran Premio de Azerbaidján de 2018, todos logrados por Sergio Pérez.

En outubro de 2011, a compañía india Sahara India Pariwar, comprou o 42,5% das accións de Force India F1 por 100 millóns de $ dos Estados Unidos. En xullo de 2018, antes do Gran Premio de Hungría, o equipo anunciou que presentara concurso de acredores na High Court en Londres.

O 7 de agosto de 2018, anunciouse que un consorcio de investimentos liderado por Lawrence Stroll, o pai do actual piloto de Williams, comprara Force India, sacando ao equipo fóra do concurso e eliminando a Sáhara como patrocinador principal. O nome do consorcio é Racing Point UK Ltd.

Historia Orixes Jordan

O equipo ten as súas orixes no equipo Jordan Grand Prix, que entrou na Fórmula Un en 1991 con sede no circuíto de carreiras de Silverstone. Jordan gozou moitos anos na Fórmula Un, gañando catro carreiras e logrando o terceiro lugar no campionato de construtores de . Como moitos dos equipos máis pequenos os problemas financeiros do 2000, significaron o baixo rendemento do equipo, e o propietario do equipo Eddie Jordan o vendeu a Midland Group en 2005.

Midland F1 e Spyker

O novo equipo de nome Midland F1 Racing pasou dúas tempadas na parte posterior da grella, antes que o seu dono Alex Shnaider vendese o equipo a Spyker Cars a metade da tempada de . Spyker F1 anotou un punto en e liderou brevemente o Gran Premio de Europa de 2007, a pesar disto, o equipo tivo unha vez máis problemas de financiamento, e foi vendido ao empresario indio Vijay Mallya, presidente da United Breweries Group e Michiel Mol, director do Spyker Fórmula Un. Force India O equipo, comprado por 88 millóns de €, foi rebautizado como Force India Formula One Team para a tempada , e mantivo como director do equipo a Colin Kolles, Director de Tecnoloxía a Mike Gascoyne e ao piloto Adrian Sutil. miniatura| right | Adrian Sutil proba para Force India en xaneiro de 2008

Tempada 2009 right|thumb|Vitantonio Liuzzi pilotando un Force India no Gran Premio do Xapón de 2009.

Force India mantivo os mesmos pilotos para a tempada de . O VJM02 foi alimentado por motores Mercedes-Benz, despois de que o equipo asinoaraun contrato de cinco anos o 10 de novembro de 2008. O acordo incluíu tamén unha oferta de caixas de engrenaxes McLaren-Mercedes, sistemas hidráulicos e o recurso do KERS. O coche presentouse o 1 de marzo de 2009.

No chuvioso Gran Premio da China de 2009, Sutil case conseguiu os primeiros puntos de Force India, ocupaba o sexto lugar diante de Lewis Hamilton e Timo Glock, a falta de seis voltas cando o acuaplaning fixo derrapar ao coche de Force India deixándoo fóra da pista e da carreira. En Alemaña, Sutil clasificouse no sétimo lugar e loitou polos puntos, antes de chocar con Kimi Räikkönen logo de saír do pit lane e ser forzado a volver a boxes para cambiar a á de diante rota. Terminou 15º.

Force India acadou a súa primeira pole position na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 2009 en Spa-Francorchamps, cando Fisichella clasificou o máis rápido. Terminou a carreira en segunda posición, a menos dun segundo por detrás de Kimi Räikkönen, obtendo os primeiros puntos e o primeiro podio de Force India. O non poder acadar a vitoria foi parcialmente atribuído á falta de KERS, un sistema presente no Ferrari.

O 3 de setembro de 2009, Force India anunciou que liberaran a Fisichella do seu contrato para permitir que correse para Ferrari durante o resto da tempada. catro días despois anunciouse que o piloto de probas Vitantonio Liuzzi substituiria a Fisichella nas carreiras restantes.

Na cualificación para o Gran Premio de Italia de 2009 en Monza, Sutil clasificou segundo e Liuzzi, no seu debut en carreira para o equipo, clasificou sétimo. O día da carreira, Sutil terminou cuarto e marcou a volta rápida da carreira. Cando marchaba en cuarta posición na carreira, Liuzzi tivo que retirarse debido a un fallo na transmisión. Force India terminou a tempada noveno, diante da Scuderia Toro Rosso con 13 puntos, con todo, isto non reflectiu a gran mellora que Force India fixo desde o inicio da tempada.

Tempada 2010 thumb|left|Vitantonio Liuzzi pilotando un Force India no Gran Premio de Bahrain de 2010.

O equipo anunciou o 27 de novembro de 2009 quea mantería a Adrian Sutil e Vitantonio Liuzzi para a tempada . O equipo probou Paul di Resta e J. R. Hildebrand en xerez, con Resta logrando un tempo moito máis rápido. Di Resta confirmouse como piloto de probas do equipo o 2 de febreiro de 2010. O 9 de febreiro de 2010, Force India presentou o seu novo coche, a VJM03, que correría na tempada 2010.

A tempada 2010 comezou puntuando en Bahrain, Liuzzi terminou en novena posición. Sutil clasificárase décimo, pero estivo involucrado nun incidente na primeira volta co Renault de Robert Kubica. En última instancia, recuperouse para terminar na duodécima posición. En Australia, Sutil novamente cualificouse entre os dez primeiros, Liuzzi cualificouse décimo terceiro. Liuzzi rematou a carreira na sétima posición, mentres que Sutil retirouse cun problema de motor. En Malaisia Sutil anotou dez puntos co quinto posto e Liuzzi retirouse pronto debido a un problema de aceleración, a súa primeira retirada da tempada. Nas próximas carreiras, ademais dunha retirada de Liuzzi, o Force India tivo carreiras tranquilas no medio do grupo, manténdose fóra da acción tanto diante como detrás deles, Sutil puntuou no Gran Premio de España de 2010. En Mónaco os dous vehículos remataron a carreira en oitavo e noveno lugar, evitando os numerosos incidentes, dando ao equipo a súa primeira dobre puntuación. En Turquía, Sutil rematou 9º acadando dous puntos, mentres que Liuzzi terminou décimo sexto. Na seguinte carreira en Montreal, os dous autos remataron nos puntos, con Liuzzi rematando 9º e Sutil 10º.

Varios membros destacados do persoal abandonaron o equipo durante a tempada, o director técnico James Key foi o membro máis destacado, marchou para unirse a Sauber nun papel semellante. O deseñador xefe Lewis Butler, o de aerodinámica Marianne Hinson e o director comercial Ian Phillips tamén deixaron o equipo.

Tempada 2012 miniatura| O Force India VJM05 pilotado por Paul di Resta en Xerez durante as probas de inverno co distintivo nariz "ornitorrinco" Para a tempada 2012, o equipo retivo Paul di Resta e substituíu a Adrian Sutil co seu piloto de reserva de , Nico Hülkenberg. Máis tarde Jules Bianchi foi nomeado como piloto reserva do equipo, e tamén participou nos adestramentos do venres durante a tempada, o coche do equipo, o VJM05, foi presentado en Silverstone o 3 de febreiro.

Tempada 2013

Para a tempada contaron con Paul di Resta, por terceiro ano consecutivo. A tempada tamén foi testemuña do regreso de Adrian Sutil á aliñación do equipo, en substitución de Nico Hülkenberg como segundo piloto do equipo. O novo coche do equipo, o VJM06 presentouse o 1 de febreiro de 2013, na base do equipo, cerca do circuíto de Silverstone.

Tempada 2014

Nico Hülkenberg regresou ao equipo para o , mentres que Paul di Resta foi substituído por Sergio Pérez. Adrian Sutil marchou para o equipo Sauber. Daniel Juncadella fichou polo equipo como piloto reserva.

Tempada 2015

O 19 de outubro de 2014, o equipo asegurou a Hulkenberg o seu posto para 2015. O 7 de novembro de 2014, antes do Gran Premio do Brasil de 2014, Force India anunciou que Pérez quedaríase co equipo para a tempada . Pérez declarou que as negociacións do contrato estaban "en curso". O acordo foi confirmado oficialmente dúas semanas máis tarde no Gran Premio de Abu Dabi de 2014, Pérez asinou un contrato de dous anos, ata o final da tempada .

Force India perdeuse a primeira proba de pretempada en Xerez, debido a un atraso inexplicable no desenvolvemento do Force India VJM08. Máis tarde revelouse que Force India estaba, de acordo coa información privilexiada de Ralf Bach, "ao bordo do colapso financeiro" e que estaba "Actualmente insolvente." Tamén suxeriu que os atrasos no VJM08 debéronse ao feito de que "non se pagara aos provedores de pezas importantes". Bob Fernley, delegado do director do equipo, admitiu que o equipo probablemente se perdera as tres probas de pretempada, aínda que dixo que poderían utilizar o coche do 2014 para facer algún "traballo co condutor e os pneumáticos."

Finalmente o coche de 2015 de Force India descubriuse cando Hülkenberg saíu á pista no segundo día da terceira e última proba en Barcelona.http://www.autosport.com/news/report.php/id/117839 O coche era unha versión actualizada do ano anterior e foi fiable inmediatamente. Fixeron un bo inicio de tempada con Hülkenberg acabando nun bo sétimo lugar no Gran Premio de Australia. Pero non volveron a anotar ata o Gran Premio de Bahrain grazas a un oitavo posto logrado por Pérez. Ambos pilotos lograron bos resultados en Mónaco e Austria. Posteriormente o equipo presentou o coche B-spec altamente modificado no Gran Premio do Reino Unido de 2015,http://www.skysports.com/f1/news/12433/9880313/force-india-to-introduce-new-b-spec-car-at-the-british-gp con dúas distintivas reixas no morro.https://www.formula1.com/content/fom-website/en/latest/technical/2015/7/force-india-vjm08---nosecone-nostrils.html O coche foi un importante paso adiante respecto do seu predecesor, sobre todo nas curva de alta velocidade. En Bélxica, Pérez tomou o liderado da carreira na primeira volta e, finalmente, terminou nun gran quinto lugar. Seguiu un sexto lugar en Monza e o sétimo en Singapur. En setembro Sahara Force India presentou unha denuncia formal ante a Unión Europea contra a Fórmula Un polo incumprimento das leis de competencia. No Gran Premio de Rusia, Pérez puxo o Force India no terceiro posto do podio, o seu primeiro podio desde o Gran Premio de Bahrain de 2014. Hülkenberg e Pérez terminaron sétimo e oitavo na carreira de casa de Pérez en Cidade de México. Esta mellora da forma axudou a Force India a lograr o seu mellor posto cun quinto lugar con 136 puntos no Campionato de Construtores, aínda que anotando 19 puntos menos que o seu predecesor. Foi un logro notable se considérase a difícil situación financeira do equipo e os seus preparativos de finais da tempada polo atraso da versión coa especificación B do seu coche.

Tempada 2016 Force India retivo a Hülkenberg e Pérez por unha terceira tempada sucesiva en . Foi a tempada máis exitosa da historia do equipo ata a data, logo de terminar cuarto no Campionato de Construtores con 173 puntos.