O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Durmideiras, preto da Torre de Hércules.

Tralo golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presosDoscientos asesinados en la zona del Campo da Rata ., a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.

Monumentos miniatura|esquerda|Monumento aos fusilados. miniatura|dereita|Menhires pola Paz. No ano 2001 inaugurouse no lugar un monumento en homenaxe ás vítimas da represión franquista, deseñado por Isaac Díaz Pardo. O monumento composto por bloques de granito, nos que hai manchas de pintura vermella simbolizando o sangue dos fusilados, ten unha inscrición que di:

Tamén figuran dous poemas, de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos.

No Campo da Rata existe ademais un conxunto de pedrafitas, realizadas polo escultor Manolo Paz, denominado Menhires pola Paz. Cada un dos doce menhires ou pedrafitas ten aberto no centro unha xanela.

Os dous monumentos forman parte do Parque escultórico da Torre de Hércules.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Campo da Rata, A Coruña. Asociación de Familiares y Amigos de Represaliados de la II República por el franquismo .

Categoría:A Coruña Categoría:Historia da Coruña Categoría:Guerra civil española en Galicia Categoría:Menhires