Febe é un satélite de Saturno. Foi descuberto polo astrónomo estadounidense William Henry Pickering en 1898. Posúe un diámetro de 220 km. A súa distancia sobre Saturno é de 12 954 000 km e a súa masa é de 4.0e+18 kg. A lúa ten unha inclinación da súa órbita de 175.3 º. Reflicte só o 6 % da luz solar que recibe. Tarda nove horas en completar unha rotación sobre o seu eixo.

Orbita sobre Saturno nuns 18 meses (550,4 días) en dirección contraria á dos outros satélites, nun plano máis próximo ao eclíptico que o plano ecuatorial de Saturno.

Categoría:Lúas de Saturno