O Premio da Crítica de poesía galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora o que se considera o mellor poemario escrito en galego, publicado no ano anterior.

Premiados 1976: Celso Emilio Ferreiro, por Onde o mundo se chama Celanova. 1977: Xosé Luís Méndez Ferrín, por Con pólvora e magnolias."Silvio Santiago y Méndez Ferrín, premios de la crítica", La Voz de Galicia, 27-3-1977, p. 26. 1978: Salvador García-Bodaño, por Tempo de Compostela. 1979: Eduardo Moreiras, pol' O libro dos mortos. 1980: Xohana Torres, por Estacións ao mar. 1981: Claudio Rodríguez Fer, por Tigres de ternura. 1982: Xoán Manuel Casado, pol' O libro de Caldelas. 1983: Vítor Vaqueiro, pol' A fraga prateada. 1984: Miguel Anxo Fernán-Vello, por Seivas de amor e tránsito. 1985: Antón Avilés de Taramancos, por Cantos caucanos. 1986: Xosé María Álvarez Cáccamo, pol' Os documentos da sombra. 1987: Xavier Rodríguez Baixeras, pol' A gándara da noite. 1988: Ramiro Fonte, por Pasa un segredo. 1989: Luís González Tosar, por Remol das travesías. 1990: Fermín Bouza Álvarez, por Labirinto de inverno. 1991: Gonzalo Navaza, por Fábrica íntima 1992: Xavier Rodríguez Barrio, por Antiga claridade. 1993: Xulio López Valcárcel, por Memoria de agosto. 1994: Xosé Luís Méndez Ferrín, por Estirpe. 1995: Ramiro Fonte, por Luz de mediodía. 1996: Pilar Pallarés, por Livro das devoracións. 1997: Xavier Rodríguez Baixeras, por Beira norte. 1998: Yolanda Castaño, por Vivimos no ciclo das Erofanías 1999: Manuel Álvarez Torneiro, por Luz de facer memoria. 2000: Gonzalo Navaza, por Libra 2001: Manuel Forcadela, por Refutación da musa. 2002: Xavier Seoane, por Dársenas do ocaso. 2003: Xulio López Valcárcel, por Casa última. 2004: Miguel Anxo Fernán-Vello, por Territorio da desaparición. 2005: Román Raña, por As metamorfoses do túnel. 2006: Manuel Vilanova, pol' A Esmeralda Branca. 2007: Helena de Carlos, por Vigo. 2008: Chus Pato, por Hordas de escritura. 2009: Luz Pozo Garza, por Deter o día cunha flor. 2010: Marga do Val, pol' A cidade sen roupa ao sol. 2011: Olga Novo, por Cráter. 2012: Manuel Álvarez Torneiro, por Os ángulos da brasa. 2013: Berta Dávila, por Raíz da fenda. 2014: Gonzalo Hermo, por Celebración. 2015: María do Cebreiro, por O deserto. 2016: Eva Veiga, por Soño e vértice. 2017: Lupe Gómez, por Camuflaxe. 2018: Pilar Pallarés, por Tempo fósil. 2019: Olga Novo, por Feliz idade. 2020: Ana Romaní, por A desvértebra. 2021: Medos Romero, por O sol era Ela 2022: Yolanda Castaño, por Materia 2023: Antón Lopo, por Diarios / 1. Azul Monforte. 2024: Daniel Salgado, por Poemas realistas. 2025: Lorena Souto por Exuvia e saliva.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio da Crítica Española Premio da Crítica de narrativa galega

Crítica