Drácula de Bram Stoker (en ) é un filme de horror e romance, estreada en 1992 e dirixida por Francis Ford Coppola. A historia baséase no libro Drácula de Bram Stoker. Actúan entre outros Gary Oldman, Keanu Reeves, Anthony Hopkins e Winona Ryder. Estreouse en galego na TVG o 10 de marzo de 2009.
Como en moitas outras ocasións a película viu como resultado dun longuísimo proceso de preparación, e respondía a fins creativos de Coppola, non comerciais. O seu obxectivo principal era revitalizar o personaxe de Drácula adaptándoo ó gusto contemporáneo, o que Coppola procurou mediante dúas novidades: recuperar boa parte da novela de Bram Stoker, eliminando engadidos doutros filmes, e por outro lado presentar o lado humano e sentimental do protagonista, máis alá do morbo sexual suxerido en versións anteriores. Para iso, Coppola reconstrúe o pasado do conde Drácula "antes de" ser Drácula, e o presenta como un condenado, un maldito.
Ó contrario que noutras versións, Coppola ambienta a acción na época vitoriana, a de Bram Stoker, cando a súa novela foi publicada asentando o mito do vampiro fusionando personaxes e tradicións de orixe dispar. Coppola amosa o Londres anterior a 1900 dun xeito moi orixinal. Fronte á Romanía rural, oponse a cidade ilustrada con estética mestiza, entre europea e asiática. A ambientación do cabaleiro Drácula, no século XV, é moi elocuente, así como certas vestimentas de Drácula maior (como un quimono vermello de longa cola). Esta visión do protagonista choca coa tradicional, de aristócrata con chaqué.
A banda sonora foi composta por Wojciech Kilar, e o seu tema principal foi interpretado por Annie Lennox.
Foi a novena película con maior recadación en 1992 con máis de 200 millóns de dólares. Gañou 3 Premios Oscar en 1992 (deseño de vestiario, maquillaxe e edición de son).
Sinopse No ano 1890, o avogado Jonathan Harker viaxa a un castelo perdido de Transilvania, onde coñece ó Conde Drácula, que en 1462 perdeu ó seu amor Elisabeta durante a guerra contra os turcos, e por ese motivo renega de Deus e convértese nunha criatura maldita. O Conde, fascinado por unha fotografía de Mina Murray, a prometida de Harker, que lle lembra á súa Elisabeta, viaxa ata Londres "cruzando océanos de tempo" para coñecela. Xa en Inglaterra, intentará conquistar e seducir a Lucy, a mellor amiga de Mina.
Personaxes Gary Oldman como Conde Drácula / Vlad III o Empalador Winona Ryder como Mina Harker / Elisabeta Anthony Hopkins como Profesor Abraham Van Helsing / Sacerdote Keanu Reeves como Jonathan Harker Richard E. Grant como Dr. John Seward Cary Elwes como Sir Arthur Holmwood Billy Campbell como Quincey Morris Sadie Frost como Lucy Westenra Tom Waits como Renfield Monica Bellucci como esposa de Drácula Michaela Bercu como esposa de Drácula Florina Kendrick como esposa de Drácula Jay Robinson como Mr. Hawkins
Galardóns e nomeamentos 1992: 3 Oscars: Mellor vestiario, maquillaxe, efectos de son. 4 Nomeamentos. 1992: 4 nomeamentos ós BAFTA: Mellor maquillaxe, vestiario, montaxe e efectos visuais.
Notas
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes en lingua búlgara Categoría:Filmes en lingua latina Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de American Zoetrope Categoría:Filmes rodados en Bulgaria Categoría:Filmes rodados en Romanía Categoría:Filmes ambientados en Bulgaria Categoría:Filmes ambientados en Romanía Categoría:Filmes ambientados en 1897 Categoría:Filmes sobre a reencarnación Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego