As Illas Briñas son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forma parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente das Illas Malveiras, ao oeste da Illa de Cortegada. Son dous illotes que suman no seu conxunto 5,5 hectáreas: A Briña e O Con Branco. A maior é A Briña (4 ha), que é baixa, alargada e alternando area con zonas pedregosas. Está cuberta de vexetación herbácea e carece, como o espido Con Branco, de construcións.
Briñas, Illas Categoría:Parque Nacional das Illas Atlánticas Categoría:Vilagarcía de Arousa