Clarín é un xornal matutino arxentino editado na cidade de Buenos Aires. Fundado por Roberto Noble o martes 28 de agosto de 1945. De formato tabloide, é o xornal con maior tiraxe da Arxentina.
Historia
O xornal Clarín foi fundado o martes 28 de agosto de 1945 por Roberto Noble. Tivo como particularidade o ser un dos primeiros xornais do mundo en incluír un deseño máis compacto (tabloide) que o típico deseño saba que usaban os xornais dese entón. Este deseño adoptárono logo varios xornais londinienses para non perder aos lectores novos. Actualmente é o xornal de maior tiraxe da Arxentina. A propietaria e directora do grupo Clarín, que o controla, é Ernestina Herrera de Noble, viúva do fundador.
O seu lema é "Un toque de atención para la solución argentina de los problemas argentinos.” e o seu actual slogan publicitario: "El gran diario Argentino".
Orientación política
Aínda que orixinalmente tivo unha orientación desarrollista, posúe un carácter independente e acrítico en canto a notas de opinión e editoriais.
Tiraxe
Na actualidade é o xornal con maior tiraxe da Arxentina e un dos de maior difusión no mundo de fala hispana cunha tiraxe que supera os 400 000 exemplares diarios segundo datos do IVCDatos del IVC. Tamén é o segundo xornal en español máis lido por InternetFonte: Alexa Top500 Sitios en Español .
Clarín en Internet
En 1995 Clarín lanzou Clarín.com Actualmente é o sitio máis visitado de noticias da Arxentina e ten 15 000 000 de visitantes únicos por mes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial de Clarín
Clarín, Xornal Clarín, Xornal