Acontecementos Europa Occidental Os longobardos arrasan e incendian Padua, na Italia setentrional. Os reis de Austrasia e de Burgundia, organizan unha expedición militar conxunta contra os vascóns, aos que obrigan a pagar tributo.

Imperio Bizantino Focas sobe ao trono bizantino (até 610), sucedendo a Mauricio I.

Oriente Próximo Cosroes II, xa persa, aproveita a morte de Mauricio I de Bizancio, para invadir as provincias de Siria e Asia Menor Ao tempo, Cosroes II, apodérase de gran parte de Arabia, incorporando o reino dos lakhmidas aos que toma a capital, Al-Hirah. O monarca lakhmida, An-Numan III, perde a vida. miniatura|dereita|Construción dun castelo en Al-Hirah, capital dos lakhmidas, nun manuscrito do s. XV

Nacementos Muawiyah, futuro quinto califa do islam e fundador da dinastía Omeia (m. 680). Adaloaldo, rei dos longobardos (m. 626). Li Chunfeng, matemático e historiador chinés (m. 670).

Mortes Mauricio I, emperador bizantino, asasinado (n. 539). Baian, khagan (khan de khans) dos ávaros desde o 562. An-Numan III, monarca dos lakhmidas, en Arabia.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:602