miniatura|Formación dunha dorsal. miniatura|Dorsal oceánica.
Unha dorsal oceánica é unha cordilleira submarina situada na parte media dos océanos da Terra e formada por procesos relacionados coa Tectónica de placas. A cordilleira presenta un suco central coñecido como rift, zona de abundante vulcanismo onde se emite magma continuamente dende o manto sublitosférico a través de fisuras do fondo do océano, formándose novas porcións de litosfera oceánica e provocando a expansión do piso oceánico. Unha dorsal oceánica marca a fronteira entre dúas placas tectónicas, constituíndo un límite de placas diverxente no que ambas placas se separan. Tódalas dorsais oceánicas están interconectadas.Strahler (1992), pp. 228, 231–3
Estrutura Unha dorsal oceánica ten unha estrutura de dobre crista, elevada e moi fracturada. Entre ambas cristas hai unha greta, ou rift, fracturada en forma de zigzag debido ás fallas transformantes, que desprazan segmentos da dorsal. Ao longo do rift prodúcense numerosos sismos superficiais e erupcións volcánicas que verten lavas de basalto. A ambos lados da dorsal vaise incrementando pouco a pouco o grosor da cortiza volcánica e o espesor dos sedimentos.Strahler (1992), pp. 231–3, 280–2
Nas cristas das dorsais hai tamén fontes hidrotermais das que brota vapor rico en minerais a unha temperatura de até 350 °C a través das gretas do fondo mariño. Estas fontes de auga depositan estruturas columnares de sulfuros metálicos que manteñen colonias de animais pouco comúns (vermes mariños e ameixas xigantes, camaróns, peixes). Os compostos que emiten estes mananciais de auga quente xogan un importante papel no mantemento da composición da auga mariña, subministrando magnesio e outros compoñentes.Strahler (1992), p. 282
thumb|Dorsal oceánica en Þingvellir National Park, Islandia
Historia As dorsais oceánicas localízanse na súa maior parte somerxidas a gran profundidade no océano. O descubrimento da súa verdadeira extensión e as súas características produciuse nas décadas de 1960 e 1970. No Proxecto FAMOUS (French-American Mid-Ocean Undersea Study), empregáronse 3 somerxibles norteamericanos e franceses para estudar o rift axial da dorsal mesoatlántica, situada a unha profundidade de entre 2000 e 3000 metros. Obtivéronse milleiros de imaxes, mostras e mapas detallados. Tamén se estudaron dúas dorsais no Pacífico.Strahler (1992), pp. 226–7, 280–2
Nun primeiro momento, a dorsal semellaba ser un fenómeno específico do océano Atlántico, pero a medida que os sondaxes do piso oceánico continuaban arredor do mundo descubriuse que tódolos océanos conteñen partes dun sistema de dorsal oceánica.
Lista de dorsais oceánicas
400px|thumb|Distribución mundial das dorsais oceánicas. Dorsal de Adén Dorsal do Explorador Dorsal de Gorda Dorsal de Juan de Fuca
Dorsal Antártico-Americana Dorsal do Pacífico Oriental Dorsal de Nazca Dorsal de Chile Dorsal de Galápagos Dorsal de Scotia Dorsal de Gakkel (Dorsal mesoártica) Dorsal Antártico-Pacífico
Dorsal do Índico Oriental Dorsal do Índico Central Dorsal Arábigo-Índica (Dorsal de Carlsberg) Dorsal Suroeste do Índico
Dorsal mesoatlántica Dorsal de Knipovich (entre Groenlandia e Svalbard) Dorsal Mohns (entre Svalbard e Islandia) Dorsal de Kolbeinsey (Norte de Islandia) Dorsal de Reykjanes (Sur de Islandia) Dorsal do Atlántico norte Dorsal do Atlántico sur, que enlaza a través da Dorsal Africano-Antártica coa Dorsal do Índico Occidental
Lista de dorsais antigas
Dorsal de Aegir Dorsal Alpha Dorsal de Kula-Farallon Dorsal de Pacífico-Farallon Dorsal de Pacífico-Kula Dorsal de Phoenix
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Dorsal mesoatlántica Tectónica de placas Expansión do piso oceánico
Categoría:Xeoloxía