300px|miniatura|24 de marzo de 2007: recuperación dos terreos do CCD "La Perla" para construír un "espazo para a memoria" miniatura|24 de marzo de 2007: recuperación dos terreos do CCD "La Perla" para construír un "espazo para a memoria"

La Perla, coñecido tamén como La Universidad foi o principal centro de clandestino de detención (CCD) instalado fóra da zona de Córdoba. Os CCD eran instalacións secretas empregadas polas forzas armadas e de seguridade para executar o plan sistemático de desaparición de persoas da ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional, durante a chamada guerra sucia da Arxentina (1976-1983).

Por alí pasaron uns 3000 detidos. .

Situación Estaba situado sobre a Ruta Nacional N° 20, que une a cidade de Córdoba con Carlos Paz. A 12 quilómetros da cidade, sobre a man dereita, fronte á fábrica Corcemar, indo cara a Carlos Paz. As instalacións son visíbeis desde a ruta.

miniatura|Interior de La Perla Denominación “La Perla”, “La Universidad”.

Época de funcionamento

La Perla funcionou desde 1975 (antes do golpe) ata 1979.

Responsábeis La Perla foi o CCD máis importante da Zona 3, unha das cinco zonas militares nas que se dividira o país. A Zona 3 estaba baixo a responsabilidade do III Corpo de Exército con sede en Córdoba a cargo do xeneral Luciano Benjamín Ménéndez. Abarcaba toda pártea norte do país.

Sasaian foi o segundo e era responsable de dos centros clandestinos de detención La Perla, A Ribeira, Malagueño, "D-2" da Policía de Córdoba.

O coronel César Emilio Anadón, foi xefe do destacamento de Intelixencia 141 e de La Perla.

O tenente primeiro Guillermo Barreiro foi xefe de interrogadores no ano 1976.

Luis Alberto Manzanelli, Carlos Alberto Díaz, Oreste Valentín Padován e Ricardo Alberto Lardone. integraban o grupo Comando de Operacións Especiais de La Perla, actuando como torturadores e secuestradores.

O Capitán Héctor Vergez oriúndo de Victorica, provincia da Pampa, foi xefe da III sección de Operacións Especiais OP3 La Perla durante o ano 1976.

Distribución 300px|miniatura|24 de marzo de 2007: recuperación dos terreos do CCD "La Perla" para construír un "espazo para a memoria" O CCD tiña catro edificios de ladrillo á vista, tres deles comunicados por unha galería. Dous destes eran utilizados por oficiais e suboficiais e o terceiro era “La Cuadra”, onde se aloxaban aos detidos. Conforme se detalla alí, nun extremo de “La Cuadra” estaban os baños, no oposto catro oficinas para interrogatorios e tortura e unha para enfermería. A sala de torturas tiña un cartel que dicía: "Sala de terapia intensiva - Non se admiten enfermos". O edificio restante funcionaba como garaxe. (Nunca más)

Durante

miniatura|300px|24 de marzo de 2007: recuperación dos terreos do CCD "La Perla" para construír un "espazo para a memoria"

Declaración dun sobrevivente de La Perla (del Nunca Más):

miniatura|300px|24 de marzo de 2007: recuperación dos terreos do CCD "La Perla" para construír un "espazo para a memoria" No libro "Sobrevivientes de la Perla" os autores relatan:

En 1984 o suboficial Alberto Vega declarou á CONADEP que el trasladaba aos detidos a uns poucos quilómetros de La Perla (Córdoba), colocábaos fronte a unhas fosas cos ollos vendados, amordazados e coas mans atadas ás costas, onde eran fusilados e os seus corpos queimados con cal antes de tapar a fosa (Nunca más).

Un campesiño que alugaba os campos de La Perla declarou que viu como o xeneral Menéndez ordenaba fusilar con metralladoras a ao redor de 120 persoas que caeron a unhas cisternas que existían aí. Logo tiraron petróleo ás cisternas cheas de corpos fusilados e produciron unha enorme fogueira (Nunca más).

O 25 de maio de 1977 o persoal de La Perla festexou a data patria (Revolución de Maio). Os torturadores puxeron unha gran mesa no centro da cuadra de detidos e serviron chocolate entre eles. Mentres tanto todos os secuestrados debían permanecer de pé, á beira dos seus colchóns, e cos ollos vendados. Ao comezo todos deberon cantar o himno nacional (Nunca Más, Cartapacio 4279.

A partir de 1977 Menéndez realiza o chamado "pacto de sangue" obrigando a todos os militares do III Corpo a participar nos asasinatos. Fusilábanse 3 persoas por día. Ás 4 da tarde, colocaban os biombos e gritaban: "tabicar...SE", ou "CAMIOOOON"... Era o camión que procedía a "trasladar" aos detidos-desaparecidos, eufemismo que se utilizaba en todos os CCD para o momento do asasinato. miniatura|300px|24 de marzo de 2007: recuperación dos terreos do CCD "La Perla" para construír un "espazo para a memoria" Algúns dos detidos vistos en La Perla

Graciela María Doldan (compañeira de Sabino Navarro, Montoneros), Alejandro Monjeau, os adolescentes que organizaron o Centro de Estudantes da Escola Manuel Belgrano (Silvina Parodi, Gustavo Torres, Jorge Nadra, Pablo Schmucler, Claudio Román, Walter Magallanes, Claudio Orosz, Oscar Liñeira, Fernando Avila, Graciela Vitale e Daniel Bachetti. Despois

En Córdoba tomouse a decisión de crear un Museo da Memoria no edificio onde funcionou o Departamento de Intelixencia D-2, da policía local, sobre a pasaxe Santa Catalina, nun dos costados do histórico Cabido da cidade de Córdoba.

O D-2 non era un CCD permanente, senón o lugar de chegada dos detidos que estaban en tránsito cara a La Perla ou a Penitenciaría do barrio San Martín.

Recuperación e creación dun espazo para a memoria O 24 de marzo de 2007 o goberno nacional cedeu o terreo onde estivo establecido o CCD "La Perla" para que se establecese alí un espazo para a memoria xestionado polos organizacións de dereitos humanos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Tortura Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Desaparición forzada de persoas