O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.

O Prone conta cunha gran canteira de xogadores, destacando o equipo filial, que xoga na división semiprofesional Primeira Nacional A. Tamén conta cun equipo xuvenil de Liga Nacional. O grupo principal da súa inchada son "Os Bufóns".

Entre o seu palmarés destaca a Recopa de Europa de fútbol sala no ano 2005, disputada en Lugo. Un dos seus xogadores máis destacados é o internacional e campión do mundo Marcelo.

Historia O equipo fundouse en 1984 como un club afeccionado, formado a partir dos traballadores da empresa de transporte Garaxe Villares. A medida que o club comezou a gañar títulos nas competicións locais, en 1989 cambiou o seu nome polo de Prone Lugo AD.

En 1995, o Prone Lugo inscribiuse nas competicións nacionais e desenvolveuse como institución profesional, coa creación dunha escola de fútbol e a contratación de xogadores a tempo completo. Na tempada 1996/97 os lucenses compraron a praza dun club do Barco de Valdeorras en Primeira Nacional A, e en dúas campañas ascenderon a División de Prata. En 1998, co nome de Airtel Prone Lugo, gañouse a primeira Copa Xunta de Galicia, trofeo máis importante a nivel autonómico.

Ao seu paso pola División de Prata, o Prone Lugo convértese nun dos clubs máis fortes da división. Tras terminar terceiros no seu primeiro ano, os galegos finalizaron primeiros en 1999/2000 e xogaron a fase de ascenso, onde caeron ante o FC Barcelona. Aínda que o equipo non puido ascender no terreo de xogo, aproveitou a desaparición do CLM Talavera para comprar a súa praza, grazas á posición alcanzada a campaña anterior. Deste xeito, Lugo debutou na División de Honra da LNFS en 2000/01.

Co nome de Café Candelas Lugo, o equipo descendeu tras terminar en antepenúltima posición e perder no playoff de permanencia. Con todo, os lucenses remontaron a súa situación e recuperaron a máxima categoría en 2002. De novo en Primeira, o equipo centrouse en mellorar a súa estrutura e asegurar a permanencia. Ese mesmo ano chegou como patrocinador a empresa de transportes Azkar, polo que o equipo pasou a chamarse Azkar Lugo FS.

Na tempada 2003/04, o equipo galego clasificouse para os playoff polo título por primeira vez na súa historia. Deste xeito, mellorou as súas actuacións na máxima categoría, finalizando nos postos medios da clasificación. Asímismo, comezaron a chegar xogadores internacionais como Fernandinho ou Marcelo, que se converteu anos máis tarde en campión do mundo coa selección española. En 2005/06 Lugo gañou a Recopa de Europa fronte ao Boavista FC, o seu maior título ata a data.

Patrocinadores Airtel Prone Lugo: 1997–1998 Café Candelas Lugo: 1998–2002 Azkar Lugo: 2002–2014

Datos do club Tempadas en 1ª: 14 Tempadas en 2ª: 6 Tempadas en 2ªB: 3 Tempadas en 3ª: 0

Historial na liga TempadaCategoríaPosto Play-off1996/971ª Nacional A6º1997/981ª Nacional A1º1998/99D. Prata3º1999/00D. Prata1º2000/01D. Honra14º2001/02D. Prata2º2002/03D. Honra11º2003/04D. Honra7º1/4 de final2004/05D. Honra10º2005/06D. Honra11º2006/07D. Honra9º2007/08D. Honra5º1/4 de finalTempadaCategoríaPosto2008/09D. Honra9º2009/10D. Honra9º2010/11D. Honra11º2011/121ª División13º2012/131ª División10º2013/141ª División13º2014/151ª División16º2015/162ª División12º2016/172ª División13º2017/182ª División15º2018/192ª División B

Equipo 2012/13 DorsalXogadorNome completoDemarcaciónNacemento1ÓscarÓscar Iglesias LamasPorteiroLugo 13César QuijadaCésar Quijada BranPorteiroLugo 16IlliIgnacio González AlmuíñaPorteiroLugo 2JuanpeJuan Pedro Toldos ArrizabalagaÁ/PecheMadrid 4CospeAlejandro Gruñeiro ZapataÁ/PecheCospeito 5DiegoDiego Núñez PazPecheLugo 10AranburuJavier Aranburu LasoÁ/PecheMadrid 12JhonyJonathan Carrasco MoslánPecheÁraba 7CucoRaúl García PérezÁMadrid 9AntonioAntonio Diz TeijeiroÁ/PivoteLugo 11SollosoAlejandro Solloso BermúdezÁ/PivoteViveiro 14Iago RodríguezIago Rodríguez UllaÁLugo 20Álex DizAlejandro Diz TeijeiroÁLugo 19AdriAdrián González VarelaÁLugo 8JandriAlejandro Mínguez MárquezÁ/PivoteBurela 18BruninhoBruno Cezar da Silva MoreiraPivoteBelo Horizonte

Corpo técnico Técnico: Diego Ríos Galloso Técnico: Gonzalo Iglesias Alonso "Morenín" Preparador físico: Xabier López Blanco Médico: María Rosario Solana Galdámez Podóloga: Rebeca Prieto Riaño Fisioterapeuta: Roberto Martínez Cordeiro Fisioterapeuta: Jaime Samper Falcó Delegado: Marcos Pereira Crende Delegado e xefe de espedición: Jacobo Gómez López Auxiliar: José Luis Carreira García

Palmarés Recopa de Europa (1): 2005 División de prata (2): 1999/2000 e 2001/2002 Copa Xunta de Galicia (5): 1998, 2002, 2003, 2006 e 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Web da LNFS

Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia Categoría:Deporte en Lugo