miniatura|Oríxenes Oríxenes, nado en Alexandría no 185 e finado en Tiro ou Cesarea Marítima no 254, foi un relixioso do século III, considerado un Pai da Igrexa e destacado pola súa erudición.

Traxectoria Foi discípulo de Clemente de Alexandría e de Ammonio Saccas. Oríxenes ensinou o cristianismo a pagáns e cristiáns. Viaxou a Palestina no ano 216, tras ser invitado a dar conferencias sobre as escrituras, pois se caracterizaba polo seu gran erudición, chegando a ser un gran exégeta. No ano 248 escribiu oito libros Contra Celso. No ano 250 foi encarcerado durante as persecucións emprendidas polo emperador Decio. Foi sometido a tortura durante un ano e morreu catro anos despois como consecuencia dos malos tratos sufridos.

Obra conservada A obra escrita de Oríxenes que chegou ata hoxe é máis ben escasa. Atópase fundamentalmente en citas rexistradas en crónicas, tratados doutros autores e as traducións de San Xerome e Rufino. Porén, consérvanse Exaplos, os Principios e a Defensa do Cristianismo. Nos seus libros aseverou que coñecía máis de vinte versións dos Evanxeos, queixándose polo pésimo estado de conservación deses documentos e polas malas interpretacións que facían aqueles encargados de escribilos. No seu libro Principios, referíndose a estes, di:

Contrario ao que afirman teosofistas como Geddes MacGregor (1978), Oríxenes era contrario á doutrina da reencarnación. Coñecedor do concepto a partir da filosofía grega, afirma que a transmigración "...é allea á Igrexa de Deus, non ensinada polos apóstolos, e non apoiada polas Escrituras" (comentario ao Evanxeo de Mateu, 13:1:46?53) As teorías que se expuxeron posteriormente sobre os seus traballos foron motivo de controversias, en especial durante a Idade Media. Foi un afanoso combatente das teorías anti-cristiás de Celso. No seu Comentario sobre o Evanxeo de Xoán (libro II, capítulo II ), Oríxenes afirma que o Logos (O Verbo de Deus) é theos (deus) sen o artigo definido ("o"), en cambio o Pai é ho theos (o Deus) con artigo. Na Teoloxía de Oríxenes o Fillo de Deus é inferior ao Pai e pode ser considerado un "segundo Deus" (deuteros theos).

Nesta cita pódese resumir o que el afirma sobre o Ser de Deus :

Nesta cita móstrase a súa visión do Espírito Santo :

As ensinanzas de Oríxenes conteñen moitas especulacións sobre temas en que a Igrexa católica da súa época non se definiu. Algunhas das súas ideas especulativas, como a apocatástase, foron consideradas erróneas á luz do desenvolvemento posterior da doutrina católica, que á súa vez aceptou a validez do resto da súa ensinanza.

Véxase tamén

Outras páxinas Escola de Alexandría

Ligazóns externas Oríxenes entre os Pais da Igrexa Grega. Filosofía.org Capítulo IV: ollada xeral sobre a filosofía na Idade Media. Bieito XVI presenta a Oríxenes Bieito XVI presenta os ensinos de Oríxenes sobre a oración e a Igrexa

Categoría:Padres da Igrexa Categoría:Teólogos Categoría:Finados en 254 Categoría:Nados en 185