Agadir (en amazigh: Agadir, ⴰⴳⴰⴷⵉⵔ, "graneiro fortificado", e en ) é unha cidade no suroeste de Marrocos, a carón do océano Atlántico. O nome da cidade vén dunha palabra bérber que significa cornixa. No ano 2003 tiña 720 000 habitantes. É o centro turístico e comercial dunha rexión rica en cobalto, manganeso e cinc. Ten porto e co aeroporto de Al Massira.

Historia Foi fundada por portugueses en 1513, quedou baixo control marroquino en 1541, despois dun sitio de máis de seis meses, nominalmente baixo o Imperio Otomán, constituíu unha vila aberta aos occidentais.

En 1911 a chegada dun canoneiro alemán ao porto provocou a denominada crise de Agadir entre Francia e Alemaña.

Agadir foi case totalmente destruída por un terremoto o 29 de febreiro de 1960, morrendo máis de 15 000 persoas. Foi reconstruída a 2 km ao sur da antiga cidade, nun estilo arquitectónico europeo mesturado co tradicional árabe marroquino.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Marrocos