miniatura|Nenos xogando. A Declaración dos Dereitos do Neno foi deseñada por Eglantyne Jebb e adoptada pola International Save the Children Union, Xenebra, o 23 de febreiro en 1923 e apoiada pola Asemblea Xeral da Sociedade das Nacións o 26 de novembro de 1924.

Historia A través desta declaración, coñecida comunmente como Declaración de Xenebra, homes e mulleres de todas as nacións, recoñecendo que os nenos son o mellor que a humanidade ten, declara e acepta como o seu deber, máis alá de toda consideración de raza, nacionalidade ou credo, que:

Ao neno débeselle dar os medios necesarios para o seu desenvolvemento normal, material e espiritual. O neno famento debe ser alimentado, o neno enfermo debe ser curado, o neno maltratado debe ser protexido, o neno explotado debe ser socorrido, o neno orfo e abandonado debe ser acollido. O neno debe ser o primeiro en recibir auxilio en caso dun desastre. O neno debe ter sustento, e ser protexido contra todo tipo de explotación. O neno debe ser levado a concienciarse de ser devoto ao servizo do home.

O documento orixinal, nos arquivos da cidade de Xenebra, leva a firma de varios delegados internacionais, entre eles Eglantyne Jebb, Janusz Korczak, e Gustave Ador, expresidente da Confederación Suíza.

As Organización das Nacións Unidas adoptou unha versión lixeiramente emendada en 1946 e o 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha versión expandida como a súa propia Declaración dos Dereitos do Neno.

Texto de 1959 A Declaración aprobada en 1959 consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:

ArtigoDereitoArtigo 1Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condiciónArtigo 2O neno gozará dunha protección especialArtigo 3Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacementoArtigo 4Dereito aos beneficios da Seguridade SocialArtigo 5Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisenArtigo 6O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser afastado da súa nai, salvo circunstancias excepcionaisArtigo 7Dereito á educación gratuíta e obrigatoria nas etapas elementaisArtigo 8Prioridade do neno en obter protección e socorroArtigo 9Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.Artigo 10Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

Véxase tamén Outros artigos Dereitos do neno. Convención sobre os Dereitos do Neno. Día Internacional dos Nenos Vítimas Inocentes de Agresión. Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas

Categoría:Tratados sobre dereitos humanos Categoría:Fontes do dereito Categoría:ONU