Los Iribarnes foi unha banda galega de post-punk, con influencias do punk rock. O grupo só editou o EP Planeta Iribarne, ademais de colaborar en varios recompilatorios.
Traxectoria En 2006 editaron con A Regueifa Plataforma o seu primeiro álbum, Planeta Iribarne, con seis temas. En 2007 foron seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo. Ademais participaron no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, facendo unha versión do tema "Maruxiña". Tamén achegaron os temas "Fóra de descontrol" ao recompilatorio Escolma. Escoita e apoia, "Cabeza de estado" ao El Planeta Amarillo #9 Saturno, e "Plan XIII" e "A-55" ao Matado por la muerte.
Membros Rafa Anido (baixo) Cris (batería) Seve (guitarra)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MySpace do grupo Planeta Iribarne, disco dispoñible en A Regueifa.
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de post-punk