O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Ribeira. Está datado no IV milenio a. C.

Descrición De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.

Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos. Ata hai algúns anos, a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída.

É propiedade da Deputación da Coruña.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia

Ligazóns externas Datos do dolmen en turgalicia.es

Categoría:Ribeira Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Axeitos