Xosé Luís Mosquera Camba, nado en Guísamo (Bergondo) en 1961, é un escritor galego.
Traxectoria Doutorouse en Historia da Arte en 2004 pola Universidade Nacional de Educación a Distancia coa tese La presencia de la palabra en las artes plásticas de la primera mitad del siglo XX, dirixida por María Luisa Sobrino. Poeta e artista visual (colaxe). É profesor do IES Francisco Aguiar.
Obras Poesía A tensa calma da catapulta (2003). Positivas. Amebas (2008). Sociedade de Cultura Valle Inclán. Nadja c'est moi (2008). Espiral Maior. 68 páxs. ISBN 978-84-96475-79-3. Das árbores tropicais e do amor (2018). Espiral Maior. 92 páxs. ISBN 978-84-947906-3-8. A traxedia da arquitectura (2021). Espiral Maior. 64 páxs. ISBN 978-84-122271-7-8. Parhelio (2022). Espiral Maior. 64 páxs. ISBN 978-84-123852-2-9. Trece maneiras de mirar un almanaque (2025). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-635-1. ePub: ISBN 978-84-1110-643-6.
Obras colectivas Galiza cajun, 2009.
Premios Premio de poesía Concello de Carral no 2007, por Nadja c'est moi. Accésit do Premio Esquío de poesía no 2008, por Amebas. Premio de poesía Concello de Carral no 2017, por Das árbores tropicais e do amor. Premio de poesía Xosé María Díaz Castro no 2019 por A traxedia da arquitectura. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2020 por Parhelio.Xosé Luís Mosquera Camba gaña o Premio Fiz Vergara Vilariño Premio de poesía Johán Carballeira no 2024 por Trece maneiras de mirar un almanaque Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Bergondo
Categoría:Nados en 1961