miniatura|250px|Situación de Mesenia en Grecia

A Mesenia (en grego antigo Μεσσηνία, na transcrición do grego moderno Messinia, e do antigo Messēnía) é unha rexión e unha provincia do suroeste do Peloponeso, no sur de Grecia. A capital actual da rexión é Kalamata. A rexión ocupa unha área de 2991 km², e no 2005 tiña 180 264 habitantes.

Illas Ademais do territorio continental, o país comprende varias illas importantes: Teganussa (Theganussa, Θηγανοῦσσα), hoxe denominada Venetikó, en fronte do cabo Acritas. Esfacteria (Sphacteria) en fronte de Pilos. Prote (Πρωτή). O grupo das illas Oenusas (Οἰνοῦσσαι).

Provincias actuais A rexión de Mesenia está formada por catro províncias, coas correspondentes capitais:

Provincia de Kalamata - Kalamata Provincia de Messéne - Messenia Provincia de Pylia - Pylos Provincia de Trifyllia - Kyparissia

Mitoloxía Na mitoloxía grega, a Mesenia era o reino de Afares, que sería legado a Neleo, cando este último foi expulsado da Tesalia. Logo foi gobernado polo fillo de Neleo, Néstor.

Mesenia