Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol o 2 de marzo de 1979, é un escritor e profesor galego.

Traxectoria É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora. No seu labor como profesor universitario, imparte as materias de Literaturas de lingua portuguesa e Literatura brasileira na USC.

Obras Narrativa Rebelión no inverno (2004). Vigo: Xerais. 151 páxs. ISBN 9788497820912. Relatos. L'affiche rouge (2007) Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9782-587-0. Novela.. Outono aquí (2022). Santiago: Sotelo Blanco. 179 páxs. Reeditada en Menino morreu en 2022. Foi traducida ao castelán como Las hojas muertas.

Poesía Tanxerina (2006). A Coruña: Espiral Maior. Blues da crecente (2009). A Coruña: Espiral Maior. 50 páxs. ISBN 9788484085409. O silencio (2012.). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN ‎978-84-9914-361-3. Marco Livorno (2019). Editorial Caldeirón. ISBN 978-84-120762-0-2.

Ensaio Lois Pereiro. Unha persecución (2011). 176 páxs. ISBN 978-8493868321. miniatura|Na Libraría Paz de Pontevedra o 5 de maio de 2022Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966) (2020). Xerais. 352 páxs. ISBN 978-84-9121-634-6.

Edición

Good-bye, Galicia, de Eugenio Montes (2026). Santiago: Chan da Pólvora. Reúne por vez primeira a poesía galega e os ensaios sobre Estética de Eugenio Montes.

Obras colectivas Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008. En defensa do poleiro, Toxosoutos, 2010. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, AELG, 2011, libro electrónico. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. A cidade na poesía galega do século XXI, Toxosoutos, 2012. Novas de poesía. 17 poetas, Fundación Uxío Novoneyra, 2013. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, A. C. Caldeirón, 2013. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.

Premios Premio de poesía Pérez Parallé no 2006, por Tanxerina. Premio de poesía Johán Carballeira no 2008, por Blues da Crecente. Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2011, por Outono aquí. XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey en 2019 por Matar o recadeiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog MarioRegueira.gal

Blog O porto dos escravos Blog Blues da crecente Blog Dor Fantasma Departamento de Filoloxía USC

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1979 Categoría:Escritores de literatura erótica Categoría:Poetas en lingua galega

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela