A mangueira (Mangifera indica) é unha árbore froiteira cuxos froitos son coñecidos como mangas. Estas árbores pertencen ao xénero Mangifera, que inclúe cerca de 35 especies de árbores da familia Anacardiaceae, nativas do sur e do sueste asiático desde o leste da India até as Filipinas, e introducidas no Brasil, en Angola, en Mozambique e noutros países tropicais. Esta especie é máis difundida de todas as existentes. O nome da froita ben da palabra malayalam manga e foi popularizada en Europa polos portugueses, que coñeceron esta froita en Kerala.
Descrición Á planta da manga adoita ser unha árbore leñosa, que alcanza un gran tamaño e a altura (pode superar os 30 m de altura, sobre todo, se ten que competir polos raios solares con árbores máis grandes, como podería ser nunha plantación de cocos), sempre e cando sexa nun clima cálido. É nas zonas de climas temperados pode cultivarse aínda que non adoita alcanzar unha grande altura, polas incidencias climáticas que lle resultan adversas. É orixinario da India e cultívase en países de clima cálido ademais dalgúns climas temperado como España, a China e os Estados Unidos. Na zona intertropical é unha planta sumamente nobre: non require rego e resiste os incendios; unha plantación de mangas dificilmente podería queimarse durante a época de seca, xa que é o período de máximo crecemento da biomasa para estas árbores é de maior actividade da fotosíntese por estar menos anubrado.
Taxonomía Mangifera indica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Flora Brasiliensis 12(2): 394. 1876. Sinonimia Mangifera austroyunnanensis Hu Rhus laurina Nutt.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Manga (froita)
Categoría:Mangifera Categoría:Froiteiras Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Asia Categoría:Símbolos da India Categoría:Símbolos de Paquistán Categoría:Plantas medicinais