O rublo (en ruso рубль, rublʹ) é a unidade monetaria actual da Federación Rusa e das repúblicas autoproclamadas de Abkhazia e Osetia do Sur. Foi a moeda oficial na Unión Soviética e no Imperio Ruso.

Historia

O rublo implantouse de forma definitiva xunto coa creación do Imperio Ruso no século XVI á chegada de Iván o Terrible Durante case tres séculos conviviu con outras unidades monetarias como o denga ou a polushka. Co tempo, o rublo abriuse camiño e as restantes moedas desapareceron ou se converteron na forma coloquial de chamar a unha fracción determinada de rublo. Durante o reinado de Nicolao II, último tsar de Rusia, a polushka era o equivalente a 1/400 de rublo, e 1/2 rublo recibía o nome de poltinik. Na era soviética denominábase comunmente chiervoniets á moeda de ouro de 10 rublos. Desde a súa aparición, a centésima parte do rublo recibe o nome de kópeck.

O rublo apenas perdeu o seu valor desde a súa aparición ata a Revolución Rusa en 1917 grazas ao control autocrático dos tsares. Cando a guerra civil rusa chegou ao seu fin, Lenin decidiu, como unha das medidas da NEP, a desvalorización do rublo nun 50%. Desde 1917, o rublo foi perdendo progresivamente valor no mercado internacional ata que en 1958, o secretario xeral do PCUS Nikita Khrushchev estableceu un cambio oficial e permanente de 1,5 dólares estadounidenses por rublo. Este cambio permaneceu ata a aparición da chamada perestroika, imposta a finais da década dos anos 1980 por Mikhail Gorbachev, que esixía unha nova desvalorización. O rublo pasou a valer 1/10 do seu valor anterior en 1990.

A partir da caída da Unión Soviética en decembro de 1991, o valor do rublo veu abaixo. Todas as repúblicas integrantes da CEI (todas as que formaban a URSS fóra de Estonia, Letonia e Lituania ademais de Moldova e Xeorxia que ingresarían máis tarde) aceptaron continuar co rublo como moeda oficial. Ucraína violaría o acordo xunto con Tadjiikistán (que ironicamente volvería aceptar o rublo) en primeiro lugar. Para finais 1992 tan só Belarús e Rusia utilizaban rublos, e este sufriu unha depreciación que deixou o cambio en 100 rublos por dólar. En 1993, a caída foi máxima e o valor do rublo quedou a 1000 rublos por dólar e Belarús comezou a emitir os seus propios rublos. Entre 1993 e 1997 a tremenda inflación cesou e o rublo mantivo o seu pobre valor estabilizado. En 1997 fíxose unha enorme reforma que deixou o cambio oficial a 30 rublos por dólar. Belarús volveu adoptar o rublo emitido por Rusia despois de que os seus propios rublos sufrisen unha caída tal que se chegaron a facer emisións de billetes de varios millóns de rublos. Tadjiikistán tamén volveu aceptar o rublo ruso logo da revalorización.

Doutra banda, en 1946 unha compañía mineira soviética instalouse nas illas Svalbard ao norte de Noruega e no interior do Círculo Polar Ártico. Esta compañía, chamada Арктикунгол (Arktikungol), emitiu unha serie de moedas de kopieika para uso exclusivo dos habitantes da illa quen, a pesar de que vivían en terras norueguesas, eran en máis dun 80% de nacionalidade soviética. Tras a caída da Unión Soviética, a compañía emitiu en 1993 unha nova serie de moedas, esta vez de rublos enteiros debido á depreciación da moeda. Outras emisións realizáronse en 1999, 2000, 2002 e 2004. Estes rublos teñen valor comercial non só nas illas Svalvard (Шпицверген - Shpitsbiergien en ruso) senón en todo o territorio ruso. Debido á súa escasa tirada, os rublos das illas Svalbard son moi apreciados polos coleccionistas.

Moedas e billetes actuais Moedas Existen moedas de rublos nas seguintes denominacións: miniatura|dereita|250px|1998 Moeda de dous rublos da Federación Rusa 1 kópeck (raramente usado) 5 kópecks (raramente usado) 10 kópecks 15 kópecks 50 kópecks 1 rublo 2 rublos 5 rublos

Billetes Os billetes en circulación en 2005 son os das denominacións que a continuación se enumeran. Cada denominación está dedicada a unha cidade rusa, polo que os motivos que se representan pertencen a devandita cidade.

5 rublos 61 x 137 mm Tonalidade: verde Cidade motivo: Novgorod Anverso: Monumento ao Milenio Ruso, de fondo a Catedral de Santa Sofía en Novgorod Reverso: A muralla do Kremlin de Novgorod. 10 rublos 65 x 150 mm Tonalidade: verde escuro e marrón Cidade motivo: Krasnoyarsk Anverso: Ponte sobre o río Ienisei e unha capela Reverso: Planta hidroeléctrica 50 rublos 65 x 150 mm Tonalidade :azul Cidade motivo: San Petersburgo Anverso: detalle da Columna Rostral no río Neva, de fondo a Fortaleza de San Pedro e San Pablo Reverso: o edificio da Bolsa e a Columna Rostral. 100 rublos 65 x 150 mm Tonalidade rosa e alaranxada Cidade motivo: Moscova Anverso: escultura dunha cuadriga na fachada do Teatro Bolshoi Reverso: Edificio do Teatro Bolshoi 500 rublos 65 x 150 mm Tonalidade: azul violeta Cidade motivo: Arjangelsk Anverso: monumento a Pedro o Grande e un barco veleiro, de fondo a Terminal marítima de Arjangelsk Reverso: Mosteiro Solovetsky 1000 rublos 69 x 157 mm Tonalidade: azul verdáceo Cidade motivo: Yaroslavl Anverso: Monumento ao príncipe Yaroslav o Sabio, de fondo capela no Kremlin de Yaroslavl Reverso: Igrexa do Precursor.

Billetes do Imperio Ruso Estes son os billetes que circulaban a finais do século XIX, principios do século XX no Imperio Ruso:

Valor Anverso Reverso 1 miniatura|centro|250px miniatura|centro|250px 3 miniatura|centro miniatura|centro 5 miniatura|centro miniatura|centro 10 miniatura|centro miniatura|centro 25 miniatura|centro miniatura|centro 100 miniatura|centro miniatura|centro

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Petrorublo

Ligazóns externas

Sitio oficial de Goznak (en ruso) Historia da moeda rusa (en inglés) Billetes de rublo rusos actuais na páxina do Banco Central de Rusia (en inglés) Billetes de rublo rusos 1898 - 1917 (en inglés) Rublo ruso - Billetes de Rusia

Categoría:Rublo Categoría:Moedas de Rusia Categoría:ISO 4217