O alemánico é unha lingua, moi dialectalizada, que fai parte do grupo do alemán superior, e que se fala no sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia. A poboación que o usa a diario calcúlase nuns 10 millóns. Pertence, xunto ao bávaro e ao suabo, á rama denominada alemán superior da familia das linguas xermánicas. O alemánico está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Clasificación Comprende as seguintes variedades, que poden chegar a ser intelixibles entre elas:
Alemánico de Suabia (Alemaña), chamado tamén suabo (Schwäbisch) Baixo alemánico, que comprende: Alsaciano, en Alsacia (Francia) Alemán (ou suízo) de Basilea, en Basilea (Suíza) Alto alemánico, en Suíza, Vorarlberg (Austria), ao sur da Selva Negra (Alemaña e Liechtenstein), por exemplo: Alto alemánico de Berna, o bernés, nomenativo Bärndütsch, fálase en Berna e na parte norte do cantón, non confundilo co alemánico superior de Berna que é unha variante da fala bernesa usada no sur do cantón.
Bärndütsch Pronuncia AFI bærndytʃ Alto alemánico de Zürich, o zuriqués, xa que o falan os zuriqueses da cidade e contornas. Eles mesmos lle chaman Züritüütsch.
Züritüütsch Pronuncia AFI tsyɾityːtʃ
Alemánico superior, no cantón de Valais (en alemán Wallis) e a súa diáspora alpina, ao sur do cantón de Berna e na parte alemá de Friburgo (Suíza) por exemplo: Alemánico superior de Berna. Walliser, referido a Wallis e Walser, referido á diáspora.
miniatura|150px|esquerda|Área de influencia do alemánico Cando se fala dos dialectos alemánicos de Suíza adóitase empregar a denominación de suízo alemán ou Schweizerdeutsch.
Os alamáns eran as tribos xermanas das cales evolucionou o seu dialecto ao actual alemánico, do nome destas tribos collemos o nome para nomear a Alemaña e aos alemáns en galego e castelán entre outros. Os suevos que invadiron a Gallaecia hispanorromana son descendentes destas xentes. Véxase sobre todo que na parte norte fálase o suabo (no mapa a zona vermella arriba de todo).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Wikipedia en alemánico Lingua alemá de Suíza
Ligazóns externas
Idioma alemánico en Ethnologue.
Categoría:Linguas de Alemaña Categoría:Linguas de Francia Categoría:Linguas de Liechtenstein Categoría:Linguas de Suíza Categoría:Dialectos do alemán