miniatura|250px|Trenhotel Salvador Dalí na estación de Milano Centrale O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a discapacitados e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodaxe desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Frota Os Trenhotel están compostos por Locomotora e composicións Talgo, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións: Trenhotel rutas internacionais con cambio de ancho de vía: Locomotora 252 o 269 ata a fronteira e locomotoras propias do país a partir de ela + rama Talgo-VI camas de rodaxe desprazable. As prazas sentadas son clase única con características de preferente. A empresa que xestiona estas rutas é Elipsos.Trenhotel rutas nacionais: Locomotora 269/252 nos tramos electrificados ou diésel nos non electrificados + rama Talgo-IV camas ou Talgo-VI camas. O 26 de xaneiro de 2009 comezaron a circular os novos Trenhotel serie VII substituíndo ao Estrella Galicia nos percorridos Barcelona-Vigo/A Coruña. Trenhotel Lusitania: Locomotora diésel ata a fronteira e locomotora portuguesa en adiante + rama Talgo-IV

Galería de imaxes

Percorridos Rutas actuais Rutas nacionais Trenhotel Alhambra Barcelona-Sants · Tarragona · Salou · Castelló de la Plana · València-Nord · Almansa · Albacete · Alcázar de San Juan · Linares-Baeza · Granada Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Guitiriz · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume · Ferrol TrenhotelGalicia Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos>ruta A Coruña: Sarria · Lugo · Curtis · Guitiriz · Betanzos-Infesta · A Coruñaruta Vigo: Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar TrenhotelRías Galegas Madrid-Chamartín · Ávila · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme>ruta A Coruña: O Carballiño · Santiago de Compostela · A Coruñaruta Vigo: Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar · Pontevedra TrenhotelRosalía de Castro Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Logroño · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela · A Coruña Rutas internacionais Trenhotel Lusitania Madrid-Chamartín · Ávila · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Villar-Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba-Dao · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente · Lisboa-Santa Apolónia Trenhotel Surexpreso Hendaia · Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Fuente de San Esteban-Boadilla · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Villar-Formoso · Guarda · Vila Franca das Naves · Celorico da Beira · Mangualde · Nelas · Santa Comba-Dao · Pampilhosa · Coímbra · Pombal · Fátima · Entroncamento · Lisboa-Oriente · Lisboa-Santa Apolónia

Antigas rutas Nacionais: TH Antonio Gaudí: Madrid-Chamartín - Barcelona-Sants TH Antonio Machado: Barcelona-Sants - Cádiz TH Gibralfaro: Barcelona-Sants - Málaga-María Zambrano TH Asturias / Pío Baroja: Barcelona-Sants - Xixón-Sanz Crespo

Internacionais: TH Pau Casals: Barcelona-Estació de França - Zürich Hauptbahnhof TH Salvador Dalí: Barcelona-Estació de França - Milano Centrale TH Joan Miró: Barcelona-Estació de França - París-Austerlitz TH Francisco de Goya: Madrid-Chamartín - París-Austerlitz

Véxase tamén Ligazóns externas

Información sobre o Trenhotel na páxina de Renfe

Categoría:Longa distancia Renfe