miniatura|300px|Lóbulo inferior parietal - vista superior da animación – neuroanatomía da dislexia. A dislexia, dislexia do desenvolvemento ou dislexia conxénita é un trastorno da aprendizaxe que afecta á capacidade para a lectura,url=http://www.ninds.nih.gov/disorders/dyslexia/dyslexia.htm e que se pode manifestar ao través de dificultades en procesos como a consciencia fonolóxica, a decodificación fonolóxica, a codificación ortográfica, a memoria de traballo ou o nomeado automático rápido Grigorenko, E.L.(2001). Developmental dyslexia: an update on genes, brains, and environments. Journal of Child Psychology and Psychiatry, 42, 91–125.Galaburda, A.M. e Cestnick, L. (2003). Dislexia del desarrollo. Revista de Neurología, 36, 3–9.
A dislexia é diferente das dificultades lectoras que poden ocorrer a consecuencia doutras causas como as dificultades visuais ou auditivas, ou do ensino inadecuado da lectura.Stanovich, K.E. (1988). Explaining the differences between the dyslexic and the garden-variety poor reader: the phonological-core variable-difference model. Journal of Learning Disabilities, 21, 590–604.Reading and spelling disorders: Warnke, A. (1999). Clinical features and causes. Journal European Child & Adolescent Psychiatry, 8, S2–S12. Estímase que a dislexia afecta entre o 5 e o 17 por cento da poboación.McCandliss, B.D. e Noble, K.G. (2003). The development of reading impairment: a cognitive neuroscience model. Mental Retardation and Developmental Disabilities Research Reviews, 9, 196–204.
A dislexia non é unha discapacidade intelectual, senón que está considerada como un trastorno da aprendizaxe e como un trastorno do neurodesenvolvemento.Bishop, D.V. (2009). Genes, cognition, and communication: insights from neurodevelopmental disorders. Annals of the New York Academy of Sciences, 1156, 1–18. Así mesmo, non está directamente relacionada co Cociente Intelectual (CI) dado que a lectura e a cognición se desenvolven de maneira independente nas persoas disléxicas.Ferrer, E., Shaywitz, B.A., Holahan, J.M., Marchione, K. e Shaywitz, S.E. (2010). Uncoupling of reading and IQ over time: empirical evidence for a definition of dyslexia. Psychological Science, 21, 93–101.Rodrigo López, M.e Jiménez González, J.E. (2000). IQ vs phonological recoding skill in explaining differences between poor readers and normal readers in word recognition: Evidence from a naming task. Reading and Writing, 12, 129–142.
Clasificación A linguaxe oral é unha forma universal na comunicación humana, mentres que a notación visual da mesma non se atopa en todas as culturas e é un desenvolvemento recente con respecto á evolución humana. Desta maneira, considérase que dándose unha crianza nunhas condicións sociais habituais, os nenos e as nenas aprenden a falar de maneira innata, mentres que a aprendizaxe da lectura adoita requirir de ensino deliberado.
Existen varias definicións de dislexia mais non se ten acadado un consenso oficial entre as mesmas. A Federación Mundial de Neuroloxía definiu en 1968 a dislexia como "un trastorno manifestado pola dificultade en aprender a ler malia á instrución convencional, intelixencia adecuada e oportunidades socioculturais ".
O NIDS (National Institute of Neurological Disorders and Stroke) dá a seguinte definición de dislexia:Artigas-Pallarés, J. (2009). Dislexia: enfermedad, trastorno o algo distinto. Revista de Neurología, 48, S63-S69.
Castles e Coltheart describen dous tipos de dislexia do desenvolvemento análogos aos da dislexia adquirida: fonolóxica e superficialCastles, A. e Coltheart, M. (1993). Varieties of developmental dyslexia. Cognition, 47, 149–180. que coinciden coas denominacións clásicas de dislexia disfonética e dislexia diseidética.Cuentos, F. (1990). Psicología de la lectura.Madrid: Escuela EspañolaHabib, M. (2000). The neurological basis of developmental dyslexia. An overview and working hypothesis. Brain, 123, 2373–2399. Non obstante tal descrición ten só un carácter descritivo e na actualidade considérase que non implica a existencia de mecanismos cerebrais diferentes para cada subtipo.
Síntomas e características Os síntomas da dislexia varían de acordo coa severidade do trastorno así como coa idade.
Nenos en idade pre-escolar É difícil obter unha diagnose fiable de dislexia antes da idade escolar, mais moitos disléxicos teñen un historial de dificultades que comezan durante o período da educación infantil. Da mesma maneira, aqueles nenos pequenos que presentan tales dificultades teñen maior posibilidade de seren diagnosticados de dislexia co paso do tempo. Estes síntomas inclúen:
Atraso na fala Dificultades para aprender novas palabras Dificultade para xogos de rimas de palabras Menor coñecemento dos nomes das letras que os demais nenos da mesma idade
Nenos dos primeiros anos escolares Dificultade para a aprendizaxe da correspondencia fonema-grafema (asociación do son co símbolo que o representa) Dificultade para aprender o alfabeto Escasa consciencia fonolóxica: pouco coñecemento das unidades sonoras que constitúen a fala (fonemas, sílabas e palabras), que se manifesta en dificultades en aspectos como: segmentar as palabras en sílabas ou sons, identificar a presenza ou ausencia don son dentro dunha palabra, elaboración e identificación de rimas e aliteracións ou combinar varios sons para formar unha palabra.Lovio, R., Näätänen, R. e Kujala, T. (2010). Abnormal pattern of cortical speech feature discrimination in 6-year-old children at risk for dyslexia. Brain Research, 1335, 53–62. Dificultade en tarefas de vocabulario Atraso na aprendizaxe da lectura e na escritura Dificultade para distinguir sons semellantes en palabras (especialmente nas palabras longas) ou remexer cambiando de lugar os mesmos (por exemplo, "rizoneronte" por rinoceronte)
Nenos de anos escolares posteriores Lectura lenta, con bloqueos frecuentes e abundantes erros (aínda que isto non implica ausencia completa da capacidade lectora nin da comprensión do contido do texto). Lectura en voz alta caracterizada por erros como a omisión de palabras, cambios dunhas palabras por outras de son ou aparencia similar. Escritura caracterizada por erros semellantes aos apreciados na lectura
Prevalencia A frecuencia coa que se dá a dislexia na poboación é un asunto non exento de debate. Por unha banda, tradicionalmente tense observado que a dislexia afecta predominantemente aos nenos fronte ás nenas. Porén, nun estudo publicado por Sally Shaywitz e os seus colaboradores en 1990 propoñíase que este predominio masculino podía deberse a unha desviación na identificación dos nenos, con maior facilidade que as nenas.Shaywitz, S. E., Shaywitz, B. A., Fletcher, J. M. e Escobar, M. D.(1990). Prevalence of reading disability in boys and girls: Results of the Connecticut Longitudinal Study. Journal of the American Medical Association, 264, 998-1002 Non obstante, traballos posteriores teñen confirmado o predominio masculino en condicións nas que se controlou a posible desviación por razón de xénero.Flannery, K. A., Liederman, J., Daly, L. e Schultz, J. (2000). Male prevalence for reading disability is found in a large sample of black and white children free from ascertainment bias. Journal of the International Neuropsychological Society, 6, 433-442.Rutter, M., Caspi, A., Fergusson, D.M., Horwood, L.J., Goodman, R., Maughan, B., Moffitt, T.E. e Carroll, J. (2004). Gender differences in reading difficulties: Findings from four epidemiology studies. Journal of the American Medical Association, 291, 2007-2012.
Outro aspecto de debate é a variabilidade da prevalencia segundo o sistema ortográfico de cada lingua, observándose que a dislexia ten maior prevalencia en sistemas non transparentes como o inglés, mentres que é menor en sistemas transparentes(como o alemán, o italiano, o castelán, o portugués ou o finés). Observouse que estas diferenzas entre linguas dánse non só nas persoas con dislexia, senón tamén nos lectores con desenvolvemento normal, mentres que as dificultades fonolóxicas implicadas na dislexia danse de maneira semellante nas diferentes linguas. Desta maneira, e dunha maneira conservadora, considérase que a dislexia afecta entre un 5 e un 10% da poboación infantil.
Así mesmo, ao igual que ocorre con outros trastornos do desenvolvemento e algunhas doenzas (por exemplo, a hipertensión) a dislexia distribúese segundo un modelo dimensional, é dicir, a capacidade na lectura distribúese ao longo dun continuo cunha distribución normal, e a dislexia representa o extremo inferior desa distribución.
Os estudos lonxitudinais indican que a dislexia ten carácter persistente, de tipo crónico, non desaparecendo ao superar a idade infantil, e que non representa simplemente un fenómeno de inmadurez para adquisición da habilidade lectora superable co tempo.Shaywitz, S.E. e Shaywitz, B.A.(2005). Dyslexia (Specific Reading Disability). Biological Psychiatry, 57, 1301–1309.
Comorbilidade Varios trastornos co-ocorren frecuentemente coa dislexia, aínda que non esta claro se comparten causas neurolóxicas.Nicolson, R.I. e Fawcett, A.J.(2009). Dyslexia, dysgraphia, procedural learning and the cerebellum. Cortex, doi=10.1016/j.cortex.2009.08.016Rivas Torres, R.M. e Fernández Fernández, P. (2002). Dislexia, disortografía y disgrafía. Madrid: Piramide.
Algunhas das condicións que adoitan aparecer xunto coa dislexia son: Disortografía: Consiste nunha dificultade para escribir, semellante ás dificultades observables na lectura das persoas con dislexia. A escrita caracterízase pola abundancia de erros como a omisión de grafemas, ou polo contrario, a adición inadecuada destes, a transposición dos mesmos ou a súa substitución. Tamén se aprecian separacións indebidas dentro das palabras, así como unións indebidas de varias palabras. Disgrafía: Consiste nunha dificultade na elaboración das grafías das letras que dan ao texto escrito un aspecto difilmente intelixible.Artigas-Pallarés, J. (2002). Problemas asociados a la dislexia. Revista de Neurología, 34, 7-13. Discalculia: É un trastorno da aprendizaxe das habilidades numéricas como a estimación das cantidades ou o cálculo.Serra-Grabulosa, J.M., Adan, A., Pérez-Pàmies, M., Lachica, J. e Membrives, S. (2010). Bases neurales del procesamiento numérico y del cálculo. Revista de Neurología, 50, 39-46 Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH): É un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado polas dificultades atencionais, a impulsividade e o exceso de actividade motriz.Willcutt, E.G., Pennington, B.F., Olson, R.K., Chhabildas, N. e Hulslander J. (2005). Neuropsychological analyses of comorbidity between RD and ADHD: In search of the common deficit. Developmental Neuropsychology, 27, 35–78. Trastorno específico da linguaxe (TEL): É un trastorno do desenvolvemento que pode afectar tanto á linguaxe expresiva como á comprensiva (ou a ambas). O TEL defínese como unha afectación "pura" da linguaxe no sentido de que non está causado por outras condicións que afecten ao desenvolvemento xeral.Pennington, B.F. e Lefly, D.L. (2001). Early reading development in children at family risk for dyslexia. Child Development, 72, 816–833.
Causas
Patofisioloxía