miniatura|dereita|Yukihiro Matsumoto Yukihiro Matsumoto, chamado Matz, nado o 14 de abril de 1965, en Tottori, en Honshu occidental, é un científico da computación e programador de software libre, principalmente coñecido por ser o principal deseñador da linguaxe de programación Ruby.

Foi un programador autodidacta ata o final da secundaria. Graduouse en ciencias da información na universidade de Tsukuba, onde se meteu no departamento de investigación sobre linguaxes de programación e compiladores. Dende 2006 Matsumoto é o xefe do departamento de investigación e desenvolvemento no Network Applied Communication Laboratory, e nunha compañía de integración de sistemas de código aberto na prefectura de Shimane.

Está casado, ten catro fillos, e durante algúns anos moi misionero mormón.

Véxase tamén Outros artigos Ruby on Rails

Ligazóns externas Matz's web diary (en xapones) Unha entrevista publicada o 24 de Novembro, 2005

Categoría:Software libre Categoría:Informática Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na prefectura de Osaca