miniatura|272px|Mapa do sueste do Levante mediterráneo, cara 830 a. C. na cor O Reino de Xudá foi un antigo reino nado da sucesión do primixenio Reino de Israel, a súa historia aparece relatada na Biblia, ocupaba o sur de Palestina e cronoloxicamente estendeuse entre o 930 a.C. e o 586 a.C. A súa orixe está na morte do rei Salomón, dez das tribos de Israel rebeláronse contra a liña de David, rexeitando aceptar a Roboam e elixindo a Xeroboam, que non era da estirpe de David, como rei. No sur dúas tribos mantivéronse fieis a Roboán, en torno a Xerusalén, formando o reino de Xudá. O reino desapareceu cando o rei de Babilonia Nabucodonosor II destruíu Xerusalén.

Categoría:Biblia Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Historia de Israel Categoría:Historia de Palestina