O Ateneo Ferrolán é unha asociación cultural sen ánimo de lucro con sede na cidade de Ferrol, fundada o 24 de marzo de 1879 baixo a denominación de Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol. É unha das institucións culturais privadas máis antigas de Galicia en funcionamento e ten como finalidade promover a cultura, a ciencia, o pensamento, a creación artística e a conservación do patrimonio documental, con especial atención á historia de Ferrol e da súa comarca.

Ao longo da súa historia constituíuse como un espazo de encontro para intelectuais, investigadores, artistas e cidadanía, desenvolvendo unha programación continuada de conferencias, exposicións, presentacións de libros, concertos, actividades de divulgación científica e proxectos de recuperación da memoria histórica.

Entre os seus principais activos atópanse a Biblioteca-Hemeroteca Ángeles Alvariño, especializada en historia local e galega, e un dos máis importantes proxectos privados de dixitalización documental de Galicia, mediante o que se puxeron en acceso aberto milleiros de publicacións históricas, fotografías e documentos patrimoniais a través de Internet Archive e do directorio estatal Hispana.

Descrición O ateneo, como entidade sen fin de lucro, ocupa un dos primeiros lugares como dinamizador da cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a través das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións..., tentando dar resposta cultural ás necesidades da cidade e da comarca de Ferrol. As súas actividades desenvólvense en función dunha demanda social concreta ó servizo da cal orientamos os seus esforzos.

Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en lingua galega, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, en galego.

Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuíto, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán.

A sede está situada nun edificio históricoArtigo sobre o edificio do século XVIII, restaurado polos arquitectos Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias, enclavado no tamén histórico barrio da Magdalena, preto do Mercado Central.

Na planta baixa sitúase o Salón de Actos con capacidade para 100 persoas. Na primeira planta está a Secretaría, sala de xuntas, sala exposicións, sala de socios e cafetería. Na segunda planta está a sala de exposicións, e na terceira planta está a Biblioteca e a única hemeroteca da comarca, que ten prensa diaria local e estatal. miniatura|page=5|Anuario de las tareas del Ateneo Ferrolano en el curso de 1904-1905. Dende hai anos lévanse facendo actividades permanentes, algunhas incluso de renome internacional:

Certame Atenea de Teatro Infantil e Xuvenil. Certame Fotográfico sobre o Ambiente. Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón. Xornadas da Gaita. Xornadas de Curtametraxes.

Tamén se fan outras estables como:

Publicación da revista trimestral Atenea. Publicación anual do Caderno, orientado fundamentalmente á recuperación histórica do patrimonio cultural de Ferrolterra. Edición do CD das finais do Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón. Cine, excursións e exposicións.

E a posibilidade, segundo coñecen asociacións culturais, A.VV., partidos políticos ou entidades, de facer calquera outro acto que se propoña, posto que o Ateneo é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Blog do Ateneo Ferrolán

Categoría:Ferrol Categoría:Asociacións culturais de Galicia