O Club Marina Ferrol é un club deportivo galego con base na cidade de Ferrol no que se practica a natación e o wáter-polo.

Historia O Club naceu co obxectivo de agrupar nel aos nadadores ferroláns, despois de construír a Armada a súa instalación climatizada cuberta no pavillón polideportivo de Batallones no ano 1977, que até aquel entón non contaba con cuberta. Creouse en 1978 por iniciativa do doutor José Rioseco López, capitán médico nesa etapa, e mais pola Asociación de Padres y Amigos de Nadadores de Ferrol. Na sección de natación o Club Marina Ferrol organízase cada ano dende 1980 o trofeo Ciudad de Ferrol, en memoria de Juan Varela, compoñente da entidade, e cabo 1º da Armada. Dende 1999 o Memorial figura con data fixa no calendario da Liga Europea de Natación.

A sección de wáter-polo que formouse no ano 1997. Ten a súa sede na piscina da Mariña de Ferrol, de aí o seu nome. O seu adestrador é Andrei Navhalikine e o presidente é Carlos Bremón Pérez.https://www.clubmarinaferrol.org/marina/club/historia_waterpolo.pdf

Logros deportivos (C.N.M.F. Waterpolo)

Tempada 2003/04 Liga absoluta: 4º posto. Liga xuvenil: 1º posto. Copa absoluta: Semifinalista. Copa xuvenil: 1º posto. Campionato cadete de inverno: Campión Campionato cadete de verán: Campión

Tempada 2004/05 Liga absoluta: 3º posto. Liga xuvenil: 1º posto. Copa absoluta: Finalista Copa xuvenil: 2 º posto. Campionato cadete de inverno: Subcampión Campionato cadete de verán: Campión. Campionato infantil de inverno: Campión Campionato infantil de verán: Campión.https://www.clubmarinaferrol.org/marina/club/historia_waterpolo.pdf Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga Galega de Waterpolo

Categoría:Deporte en Ferrol Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes