O Cordero foi un buque arrastreiro galega que afundiu nas costas de cabo Prior o 15 de xaneiro de 2008. Naufraxio O barco estaba rexistrado en Ribeira. Tiña 28 metros de eslora, casco de aceiro e un rexistro bruto de 104 toneladas. A súa tripulación era de oito mariñeiros.
Cando se produciu o accidente, o barco estaba situado a 30 millas ao norte da Coruña e a unhas seis ao noroeste de cabo Prior. O accidente sucedeu cando se estaban rexistrando moi malas condicións meteorolóxicas e produciuse ao abrirse unha vía de auga na sala de máquinas, probablemente como consecuencia do impacto dunha onda. No informe do Ministerio de Fomento conclúese que non se puido establecer a causa:
No accidente faleceu un mariñeiro de Ribeira e catro máis desapareceron: dous deles eran de Ribeira e os outros dous naceran en Indonesia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Naufraxios de pesqueiros galegos
Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Naufraxios Categoría:2008 en Galicia Categoría:Arrastreiros Categoría:Barcos de 1998