miniatura|220px|Acacia nilotica A acacia do Senegal (Acacia nilotica) é unha especie de acacia nativa de África e do subcontinente indio. Actualmente tamén hai unha especie invasiva de presenza significativa en Australia.
Sinónimos Acacia arabica - Willd Acacia abyssinica - Willd Acacia glaucophylla - Willd Acacia gummifera -Willd Acacia scorpioides - W.Wight Acacia senegal - Willd Acacia vera - Willd Acacia verek - Guill Mimosa arabica (Lam) Mimosa nilotica (L) Mimosa scorpioides (L)
Hábitat miniatura|dereita|250px|Mapa de distribución xeográfica É un arbusto ou pequena árbore natural de zonas tropicais de África ao subcontinente indio. Medra dende Exipto ao Mozambique e tamén se atopa en Zanzíbar, na India e Arabia, medrando preferentemente en terreos secos, areentos e desérticos nos que predomina un clima seco.
Características Moi apreciado pola exsudación gomosa das súas pólas, que se produce na parte interna da casca, obténdose a goma arábiga. É unha pequena árbore cunha copa densa e esférica, que acada os 5-8 metros de altura. O talo e as pólas posúen a casca gretada que exsuda resina gomosa. As follas son bipinnadas, con 3-6 pares de pínnulas e con folíolos agrupados apareados de oito ou dez en cada unha. As espiñas punxentes aparecen de catro en catro. As flores moi numerosas son de cor amarela, pedunculadas en cabezas globulares de 1'5 cm.
Propiedades A casca é adstrinxente, usada contra a diarrea, disentería, lepra e en cataplasma sobre úlceras. No oeste de África emprégase (a goma e a casca) contra o cancro e tumores. O zume, a casca, a vaíña e as follas máscanse no Senegal para combater o escorbuto. A goma (ademais de para pegamento) emprégase para aliviar mucosas inflamadas. Polo seu baixo contido en fécula recoméndase para casos de diabetes.
Categoría:Árbores Categoría:Plantas medicinais Categoría:Acacia Categoría:Fabáceas Categoría:Flora de África