Daniel González Alén, nado en Lalín o 14 de agosto de 1951, é un escritor e investigador galego.

Traxectoria Fillo de Daniel González González "O Tío Xanete" animador cultural e personaxe moi coñecido e estimado na comarca de Deza. Traballou no sector da banca, sendo director da sucursal do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria en Lalín; anteriormente dirixiu as sucursais de Silleda e Ribadavia.

Colaborou en El Correo Gallego (1973-1976) e A Nosa Terra (1983-1986) e despois en La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Tamén colaborou nas emisoras Radio Lalín, Radio Pontevedra, Radio Nacional de España (1981-1985) e Radio Noroeste (1987-1993). Ten participado en numerosos programas na TVG e na TVE. Foi correspondente do Museo de Pontevedra e membro do Padroado Cultural de Lalín e do Seminario de Estudos de Deza.

Traballou como director e guionista do grupo Deza Cinema Galego e participando nas películas O campo galego, Fiadeiras de Zobra, Consello do compadre, Loita, Lalín, Cantigas da emigración e Santuario do Faro, premiadas en numerosos festivais de cinema afeccionado como o de Vilagarcía de Arousa, Vigo e Lugo, e proxectándoas en centos de parroquias e vilas de Galicia entre 1976 e 1985. Dirixiu o xornal La Defensa de Lalín (1980) e colaborou, ademais, na redacción da Gran Enciclopedia Galega.

Foi nomeado cronista oficial de Lalín o 26 de agosto de 2022.Lalín ya tiene quien le escriba Obra en galego Ensaio A comarca do Deza, en colaboración con Armando Vázquez Crespo (1989 - 1997) O aviador Loriga (1989) W. Calvo Garra: Vida de un científico (1991). Lalín. Comarca do Deza (1994). Loriga: O home que baixou do ceo (1997). Lalín, cen anos en fotos I (1999 ). Lalín, cen anos en fotos II (2001). 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (2004). Guía do Camiño de Santiago: O camiño de Inverno pola Comarca de Deza. (2006) A Feira do Cocido, 40 anos de historia (2009). Melchor Manuel Núñez de Taboada. O erudito lalinense que brillou na Francia revolucionaria (2021). A Feira do Cocido. Festa de Interese Turístico Internacional (2022). Artigos "Vidal Payo: Unha vida en pedra". Seminario de estudos de Deza (1996). "O reloxeiro Evangelino Taboada". Descubrindo. Seminario de Estudos de Deza (1998). "Manuel D. Varela Buxán: O patriarca do teatro galego". Seminario de estudos de Deza (2000). "Arte rupestre no municipio de Silleda". Descubrindo. Seminario de Estudios de Deza (2013). "Manuel González Ferradás, "O Naranxo”". Descubrindo. Seminario de Estudios de Deza (2021).

Obra en castelán Ensaio Hijos ilustres de Lalín: El aviador Loriga (1976). Silleda, la tierra de Trasdeza en la Galicia Central (1978).

Recoñecementos En 2008 obtivo o "XV Premio Nacional de Periodismo Alvaro Cunqueiro"; en 2015 recibiu a distinción "Lalinense do Ano 2015. Traxectoria de toda unha vida" en recoñecemento ao seu labor como cronista da vila de Lalín e a prol do estudo e divulgación da historia e do patrimonio da comarca de Deza e ao ano seguinte e polo mesmo motivo recibiu a máxima distinción que outorga o Concello de Lalín, a "Folla de Carballo na modalidade de Ouro". Tamén en 2016 a Asociación Cultural A Carballeira de Cercio tributoulle un recoñecemento público polo seu labor de "toda unha vida" a prol da cultura galega e dezá en particular. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Documental: "O santuario do Faro. Ficha en Galegos

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cronistas de Lalín