Eduardo Óscar Camaño, nado en Buenos Aires o 17 de xuño de 1946, é un avogado e deputado arxentino, que foi presidente interino de seu país entre 31 de decembro de 2001 (logo de que Adolfo Rodríguez Saá renunciase ao seu cargo de Presidente interino) e 2 de xaneiro de 2002. Traxectoria
Foi intendente da cidade de Quilmes entre 1987 e 1991, e presidente da Cámara de Deputados do Congreso da Nación Arxentina durante o goberno de Fernando de la Rúa.
No momento en que Rodríguez Sáa renunciou, ao non haber Vicepresidente, a Lei 20.972 —de acefalia— indicaba que debía exercer o Poder Executivo o Presidente Provisional do Senado, feito que non foi posible posto que o mesmo — Ramón Puerta — renunciara días antes alegando problemas de saúde. De acordo á mencionada lei, o exercicio do Poder Executivo quedaba entón en mans do Presidente da Cámara de Deputados, que nese momento era Eduardo Camaño.
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de presidentes da Arxentina
Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1946 Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina