Gerhart Hauptmann, nado en Obersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia) o 15 de novembro de 1862 e finado en Agnetendorf o 6 de xuño de 1946, foi un dramaturgo, novelista e poeta alemán.

Biografía e obras Desde a escola da súa cidade natal pasou a Breslau (actual Wrocław, Polonia) e despois foi enviado a aprender agricultura á granxa do seu tío Jauer. Como non lle gustaba este tipo de vida, volveu pronto a Breslau tentando converterse en escultor, de onde pasou a Dresde. De aí foi estudar filosofía e ciencias naturais na Universidade de Jena.

Pasou a meirande parte dos anos 1883 e 1884 en Italia. En maio de 1885 Hauptmann casou e estableceuse en Erkner, suburbio de Berlín, decantándose finalmente pola literatura na que pronto alcanzou unha gran reputación como un dos principais representantes do drama moderno.

miniatura|esquerda|200px|Os teceláns por E. Orlik En 1891 retirouse a Schreiberhau en Silesia. O primeiro drama de Hauptmann, Vor Sonnenaufgang (Antes do amencer, 1889) inaugurou o movemento naturalista na literatura alemá moderna, conquistando para el a inimizade dos críticos ortodoxos e o apoio entusiasta dos escritores alemáns mozos. Foi seguida por Des Friedensfest (1890), Einsame Menschen (1891) e Die Weber (Os tecedores, 1892), drama de grande alcance que representa o levantamento dos tecedores silesianos en 1844.

Dos seguintes traballos de Hauptmann cabe mencionar as comedias Kollege Crampton (1892), Der Biberpelz (A pel de castor, 1893) e Der rote Hahn (1901), o "poema dramático," Hannele (1893), e un drama histórico, Florian Geyer (1895). Tamén escribiu dúas traxedias relacionadas co pasado de Silesia, Fuhrmann Henschel (1898) e Rose Berndt (1903), e os dramas Die versunkene Glocke (A campá mergullada, 1897) e Und Pippa tanzt (E Pipa baila!, 1905).

O misticismo poético caracteriza moitas das súas obras posteriores como Der Naer in Christo Emanuel Quint (O tolo en Cristo Emanuel Quint, 1910), Der Ketzer von Soana (O herexe de Soana, 1918), Die Insel der grossen Mutter (A illa da Gran Nai, 1921).

Adquiriu fama de intelectual radical, fama que o seguiu durante moitos anos, a pesar de ser un asceta aristocrático que conseguiu sobrevivir tranquilamente a todos os sucesos tanto da República de Weimar como do Terceiro Reich de Hitler.

En 1912 foi galardoado co premio Nobel de Literatura.

Obra publicada

Teatro 1896: Elga 1900: Michael Kramer 1900: Schluck und Jau 1902: Der arme Heinrich 1906: Gabriel Schillings Flucht 1907: Die Jungfern von Bischofsberg 1908: Kaiser Karls Geisel 1909: Griselda 1912: Peter Brauer 1913: Festspiel in deutschen Reimen 1914: Magnus Garbe, reversionat el 1942 1920: Indipohdi 1925: Veland 1921-1926: Herbert Engelmann 1928: Spuk, dos actes: Die schwarze Maske i Hexenritt) 1933: Die goldene Harfe 1935: Hamlet im Wittenberg 1937: Die Finsternisse 1936-1937: Ulrich von Lichtenstein 1935-1938: Die Tochter der Kathedrale

Novelas 1910: Der Narr in Christo Emanuel Quint 1912: Atlantis 1923: Phantom 1926: Wanda, der Dämon 1928: Die Insel der grossen Mutter 1932: Um Volk und Geist 1936: Im Wirbel der Berufung 1937: Der Abenteuer meiner Jugend

Novelas curtas 1888: Bahnwärter Thiel 1924: Die Ketzer von Soana 1887-1927: Marginalien, recull 1938: Sonnen 1939: Der Schuss im Park

Poesía 1885: Promethidenlos 1921: Anna 1924: Die blaue Blume 1927: Till Eulenspiegel 1934: Das Meerwunder 1912-1942: Der grosse Traum, recull poètic

Recoñecementos No seu honor, púxoselle nome ao asteroide (8381) Hauptmann descuberto o 21 de decembro de 1992 por Freimut Börngen.

Ligazóns externas Páxina o Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1912 Gehart Hauptmann no Proxecto Gutenberg

Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Nados en 1862 Categoría:Nados na Baixa Silesia Categoría:Finados en 1946 Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Novelistas de Alemaña Categoría:Dramaturgos de Alemaña