A Febre do ouro en California (1848–1855) comezou o 24 de xaneiro de 1848, cando se atopou ouro en Sutter's Mill. Cando as novas da descuberta se espallaron, cerca de 300.000 persoas, oriúndas do resto dos Estados Unidos e do exterior, marcharon para California.
Estes buscadores de ouro temperáns, denominados "forty-niners" (ou sexa, de 1849) viaxaron para California por mar e en carromatos a través do continente, frecuentemente encarando grandes probas ao longo da xornada. Aínda que a maioría dos chegados eran estadounidenses, a Carreira do Ouro tamén atraeu a decenas de millares de persoas da América Latina, Europa, Australia e Asia. Nun comezo, os buscadores obtiveron o ouro dos cursos de auga e leitos de ríos usando técnicas simples, tales como o buscador con batea e posteriormente desenvolveron métodos máis sofisticados de extracción do ouro que foron adoptados mundialmente. Foi extraído ouro por valor de millares de millóns de dólares actuais, levando unha gran riqueza para uns poucos; a maioría deles, con todo, volvían para casa con pouco máis do que tiñan ao comezo da aventura. Os efectos da Carreira do Ouro foron substanciais. Así, San Francisco (California) transformouse dun pequeno lugar de tendas nunha cidade próspera, con estradas, igrexas, escolas e outras cidades foron construídas ao seu redor. Creouse un sistema de leis e un goberno, levando á admisión de California como estado dos Estados Unidos de América en 1850. Desenvolvéronse novos métodos de transporte, tales como navíos a vapor, que comezaron a prestar servizo regular, e construíronse ferrovías. A agricultura, próximo campo de crecemento de California, comezou a larga escala por todo o estado. Con todo, a Carreira do Ouro tamén tivo efectos negativos: os nativos americanos foron atacados e expulsados dos seus territorios tradicionais, e as minas de ouro causaron danos ao medio ambiente.
A primeira descuberta esquerda|miniatura|275px|Mina de ouro de California na Sierra Nevada, norte de California.
A carreira do ouro comezou en Sutter's Mill, próximo de Coloma.Para mapa de pormenor, véxase California Historic Gold Mines , publicado polo estado de California; accedido o 3/12/2006. O 24 de xaneiro de 1848, James W. Marshall, un home que traballaba en Sacramento, e o pioneiro John Sutter, atoparon pedazos dun mineral brillante nunha cal que viña dun muíño (pertencente a Marshall), que era de propiedade de Sutter, xunto ao American River. Marshall trouxo as pezas metálicas para a análise de Sutter, e os dous investigaron silenciosamente cal era o material das pezas. As probas mostraron que Marshall atopara ouro. Sutter ficou desanimado coa descuberta, e decidiu non contar a descuberta, temendo que iso podería arruinar os seus proxectos da construción dun imperio agrícola, sabendo que moitas persoas se dedicarían á minería con esa descuberta naquela rexión.Bancroft, Hubert Howe (1888), pp. 39–41. Mais os rumores da descuberta acabaron por se espallar, e en marzo de 1848 anunciouse publicamente a descuberta nos xornais de San Francisco, publicados e comercializados por Samuel Brannan. O máis famoso relato sobre a carreira do ouro en California foi feito por Brannan; despois de tanto escavar nas minas para atopar e comercializar o ouro, el saíu polas rúas de San Francisco insanamente, termando dunha porción do mineral, berrando: "Gold! Gold! Gold from the American River!" (Ouro! Ouro! Ouro atopado no río American!)Bancroft, Hubert Howe (1888), pp. 55–56.
Os Forty-Niners dereita|miniatura|250px|Buscador bateando no río Mokelumne Os primeiros que chegaron para a procura de ouro, xa desde a primavera de 1848, foron os propios residentes de California: europeos, cidadáns dos Estados Unidos, "californianos Hispanófonos residentes en California." e amerindios Brands, H.W. (2003), pp. 43-46.. Nun principio, as novas sobre a febre do ouro difundíanse lentamente. Os primeiros que chegaron en 1848 vivían preto de California ou tiñan tido coñecemento das noticias grazas aos navíos que cursaban as rutas máis rápidas que saían de California. Varios millares de cidadáns de Oregón formaban o primeiro grupo de estadounidenses que chegou a California, a través da rota de Siskiyou. Despois, chegou xente do Hawai, millares de latinoamericanos, do México, Peru e Chile Brands, H.W. (2003), pp. 48-53., tanto por terra como por mar Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), pp. 50-54.. A finais de 1848, máis de 6.000 estaban xa en California . Só uns poucos chegaran por terra . Algúns destes "Forty-eighters" "Corenta e oitos", facendo referencia a 1848. puideron recoller grandes cantidades de ouro moi axiña, ás veces millares de dólares no mesmo día Brands, H.W. (2003), pp. 197-202.Holliday, J. S. (1999) p. 63. Holliday menciona que os máis afortunados mineiros chegaron a acumular máis dun millón de dólares en ouro, a prezos actuais..
Ata os buscadores ordinarios conseguían obter en ouro de dez a quince veces o salario diario que obtería un traballador na Costa Leste. Unha persoa podía traballar durante seis meses nos campos de ouro, e obter o equivalente de seis anos de salario Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), p. 28.. miniatura|Anverso do medio dólar do 75 aniversario do Estado de California, coa imaxe dun buscador de ouro. No inicio de 1849, a noticia da febre do ouro xa era coñecida en todo o mundo, e unha enorme cantidade de buscadores de ouro e negociantes comezou a chegar desde practicamente todos os continentes. O maior grupo, en 1849, era de decenas de millares de estadounidenses, que chegaron por terra e nalgúns navíos Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), pp. 57-61.. Os australianos Brands, H.W. (2003), pp. 53-61. e neozelandeses soubérono grazas aos barcos que levaban xornais hawaianos, e embarcaron a millares para California Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), pp. 53-56.. Houbo Forty-niners que viñeron da América Latina, especialmente das rexións mineiras de Sonora e Sinaloa, en México. Os que viñan de Asia, especialmente da China Brands, H.W. (2003), pp. 61-64., comezaron a chegar en 1849, a principio en pequeno número. En chinés, California era chamada "Montaña de ouro". Os primeiros inmigrantes provenientes da Europa, comezaron a chegar ata final de 1849, principalmente de Francia Brands, H.W. (2003), pp. 93-103., acompañados dalgúns alemáns, italianos e británicos .
Estímase que en 1849 chegaron a California arredor de 90.000 persoas, aproximadamente metade delas por mar, e a outra metade por terra Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), pp. 57-61. Outros cálculos dan entre 70.000 a 90.000 persoas chegadas durante 1849 (ibid. p. 57).. Este número inclúe aproximadamente entre trinta e corenta mil estranxeiros . Para 1855, os investigadores de ouro, comerciantes e outros inmigrantes sumaban aproximadamente 300.000 persoas.Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), p. 25. O maior grupo de inmigrantes era dos Estados Unidos, mais había millares de chineses, franceses, mexicanos e outros latinoamericanos,Brands, H.W. (2003), pp. 193-194. seguidos de pequenos grupos de filipinos e españois Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), p. 62.. Tamén había uns cantos mineiros de orixe africana, talvez menos de catro mil Hai un cálculo de 2.500, en Rawls, James, J. e Orsi, Richard (eds.) (1999), p. 5., que chegaron do Caribe, Brasil e do sur dos Estados Unidos Starr, Kevin e Orsi, Richard J. (eds.) (2000), pp. 67-69..
Dereitos legais Cando comezou a febre do ouro, California era, na práctica, un lugar sen lei. O día da descuberta en Sutter's Mill, California tecnicamente era aínda parte do México, aínda que baixo ocupación militar dos Estados Unidos, como resultado da guerra México-Estados Unidos de 1846. O Tratado de Guadalupe Hidalgo, que fixo terminar a guerra o 2 de febreiro de 1848, transferira o dominio de California aos Estados Unidos. A California non era un territorio formalmente organizado, e a súa incorporación na Unión Americana non foi inmediata.
Temporalmente, California foi un territorio baixo control militar, sen que existisen poderes lexislativo, executivo ou xudicial para a rexión.Holliday, J. S. (1999), pp. 115-123. Os residentes actuaban suxeitos a unha confusa mestura de regras mexicanas e dos Estados Unidos, e co xuízo persoal. miniatura|300px|dereita|Os mineiros escavan o leito dun río, despois de desviar a corrente para unha canle preparado para tal fin.
O Tratado obrigaba os Estados Unidos a respectar as concesións territoriais feitas polo goberno mexicano Rawls, James J. e Orsi, Richard (eds.) (1999), p. 235., mais as zonas mineiras estaban lonxe desas concesións, polo que a febre do ouro non se viu afectada polos termos do tratado. Os campos de exploración eran tecnicamente propiedade do goberno dos Estados Unidos Rawls, James J. e Orsi, Richard (eds.) (1999), pp. 123-125., mais na práctica eran terreos sen lexislación definida, e sen mecanismos para facer valer calquera lei sobre eles Rawls, James J. e Orsi, Richard (eds.) (1999), p.127. No inicio da febre do ouro, o goberno dos Estados Unidos tiña menos de 1.000 soldados en California..
Para os Forty-niners, isto foi unha vantaxe, porque o ouro estaba "libre para tomarse". Non había propiedade privada, nin impostos a pagar polo mesmo Rawls, James J. e Orsi, Richard (eds.) (1999), p. 27.. Os Forty-niners elaboraron os seus propios códigos, e as propias formas dos por en vigor. Entendíase que calquera buscador podía "reclamar" as terras, mais esa reclamación só tería efecto cando esas terras fosen efectivamente exploradas Clay, Karen e Wright, Gavin. (2005), pp. 155-183.. Os mineiros adoitaban reclamar as terras, e comezaban a exploralas só o suficiente para determinar o seu potencial. Se a terra se consideraba de baixo valor, como ocorreu na maioría dos casos, os mineiros abandonábanma e proseguían a busca da súa fortuna noutro lugar. Outros mineiros podían entón chegar a reclamar para si a terra que xa tiña sido traballada e abandonada. Esta práctica designábase como "claim-jumping" . As disputas eran manexadas persoalmente e ás veces de forma violenta; en moitas delas os propios buscadores asociábanse para actuar como árbitros .
Desenvolvemento de técnicas para a extracción do ouro A alta concentración de ouro na area de California, permitiu que inicialmente se necesitase só utilizar unha batea, para obter un concentrado de ouro nos ríos e correntes de auga Brands, H.W. (2003), pp. 198-200.. Non é posíbel facer esta operación en grande escala, polo que os mineiros comezaron a deseñar máquinas que os auxiliarían Imaxes e descrición pormenorizada das ferramentas e técnicas utilizadas . a procesar grandes volumes de grava Bancroft, Hubert Howe (1888), pp. 87-88..
Nas operacións máis complexas, os mineiros desviaban ríos enteiros para canles construídas ao longo do río, para despois escavar no leito do río secoRawls, James J. e Orsi, Richard (eds.) (1999), p. 90.. Os cálculos da Inspección Xeolóxica dos Estados Unidos, din que foron extraídas 12 millóns de onzas de ouroUtilízase tradicionalmente o sistema de pesos Troy para medir metais preciosos. O termo onza usado neste artigo refírese a unha Onza troy., equivalentes a 370 toneladas, durante os primeiros cinco anos de la febre do ouro. Esta cantidade de metal equivalía a 7,2 millares de millóns de dólares, a prezos de final de 2006 Mining History and Geology of the Mother Lode (accedido o 16/10/2006)..
miniatura|300px|dereita|No muíño de cuarzo en Grass Valley, triturábase a pedra de cuarzo antes do lavado do ouro.