Os Territorios do Noroeste (en francés: les Territoires du Nord-Ouest; en inglés: Northwest Territories; en ) é un dos tres territorios federais do Canadá. Cunha superficie terrestre de aproximadamente 1 144 000 km² e unha poboación do censo de 2016 de 41 790 habitantes, é o segundo máis grande e o máis poboado dos tres territorios do norte do Canadá. A súa poboación estimada en 2023 é de 45 668 habitantes. Yellowknife é a capital, comunidade máis poboada e única cidade do territorio; a súa poboación era de 19 569 segundo o censo de 2016. Converteuse na capital territorial en 1967, seguindo as recomendacións da Comisión Carrothers.

Os Territorios do Noroeste, unha parte do antigo Territorio do Noroeste, entraron na Confederación Canadense o 15 de xullo de 1870. Desde entón, o territorio dividiuse catro veces para crear novas provincias e territorios ou ampliar os existentes. As súas fronteiras actuais datan do 1 de abril de 1999, cando o tamaño do territorio volveu diminuír pola creación do novo territorio de Nunavut ao leste, a través da Lei de Nunavut e do Acordo de Reclamacións de Terras de Nunavut. Aínda que Nunavut é principalmente tundra ártica, os Territorios do Noroeste teñen un clima lixeiramente máis cálido e é á vez bosque boreal (taiga) e tundra, e as súas rexións máis setentrionais forman parte do arquipélago ártico.

Os Territorios do Noroeste teñen o maior número de fronteiras terrestres interprovinciais e interterritoriais entre todas as provincias e territorios do Canadá. Limita cos territorios de Nunavut ao leste e Yukón ao oeste, e coas provincias de Columbia Británica, Alberta e Saskatchewan ao sur; tamén toca Manitoba ao sueste nun cuadripunto que inclúe Nunavut e Saskatchewan. A superficie terrestre dos Territorios do Noroeste é aproximadamente igual á de Francia, Portugal e España xuntos, aínda que a súa superficie global é aínda maior debido aos seus enormes lagos.

Clima miniatura|dereita|200px|Clasificación climática de Köppen nos Territorios do Noroeste. Ao igual que Nunavut, os Territorios do Noroeste posúen un clima moi frío, clasificado en case todo o territorio como clima subártico. Os veráns duran unhas semanas, con bastante sol, porén as temperaturas mantéñense baixas. As mínimas durante o verán fican negativas, en torno de -3 °C no sur, -5 °C na rexión central e -9 °C no norte. As máximas moi raramente pasan os 10 °C, acontecendo apenas unha ou dúas veces nun século no extremo sur dos territorios. As máximas no verán fican en torno dos 7 °C no sur, 4 °C na rexión central e 1 °C no norte. Durante o inverno as temperaturas xa se diferencian máis. As mínimas fican en torno de -38 °C no sur, -45 °C na rexión central e -51 °C na rexión norte. As máximas no inverno fican en torno de -20 °C no sur, -30 °C na rexión central e -41 °C na rexión norte. O récord quente foi de 17 °C nas contornas dos lagos ao sur dos territorios e o récord baixo foi de -66,8 °C no litoral dos territorios.

+Temperaturas máximas e mínimas medias diarias para determinadas cidades dos Territorios do NoroesteCidadeXullo (°C)Xaneiro (°C) Fort Simpson 24/11 −20/−29 Yellowknife 21/13 −22/−30 Inuvik 20/9 −23/−31 Sachs Harbour 10/3 −24/−32

Demografía Os Territorios do Noroeste é unha das únicas divisións do Canadá (sendo a outra Nunavut) onde a poboación indíxena é maioritaria, constituíndo o 50,4% da poboación.

Segundo o censo canadense de 2016, os dez grupos étnicos principais eran:

Primeiras Nacións – 36,8% Canadenses – 18,6% Ingleses – 15,9% Escoceses – 14,8% Irlandeses – 12,3% Inuit (Inuvialuit) – 10,9% Franceses – 10,3% Alemáns – 8,3% Métis – 7,1% Ucraínos – 3,1%

Linguas upright|miniatura|Sinal dunha clínica oftalmolóxica en Yellowknife nas 11 linguas oficiais do territorio. O francés converteuse en lingua oficial en 1877 polo daquela goberno territorial. Despois dun longo e amargo debate derivado dun discurso desde o trono en 1888 do tenente gobernador Joseph Royal, os membros da época votaron en máis dunha ocasión para anular isto e converter o inglés na única lingua empregada na asemblea. Despois dalgún conflito co Goberno da Confederación en Ottawa, e unha votación decisiva o 19 de xaneiro de 1892, os membros da asemblea votaron por un territorio só de fala inglesa.

Actualmente, a Lei de linguas oficiais dos Territorios do Noroeste recoñece as seguintes once linguas oficiais:

Chipewyan/Dené Cree Inglés Francés Gwich’in Inuinnaqtun Inuktitut Inuvialuktun Slavey do norte Slavey do sur Tłı̨chǫ (Dogrib)

Os residentes dos Territorios do Noroeste teñen dereito a usar calquera das linguas anteriores nun tribunal territorial e nos debates e procedementos da lexislatura. Non obstante, as leis son xuridicamente vinculantes só nas súas versións francesa e inglesa, e o goberno de NWT só publica leis e outros documentos nas outras linguas oficiais do territorio cando así o solicite a lexislatura. Ademais, o acceso aos servizos en calquera lingua está limitado ás institucións e circunstancias nas que existe unha demanda importante para esa lingua ou onde é razoable esperala dada a natureza dos servizos solicitados. En termos prácticos, os servizos de lingua inglesa están dispoñibles universalmente e non hai garantía de que outros idiomas, incluído o francés, sexan utilizados por calquera servizo gobernamental en particular, agás nos tribunais.

Os resultados do censo de 2016 mostraron unha poboación de 41 786 habitantes. Das 40 565 respostas únicas á pregunta do censo sobre a "lingua materna" de cada habitante, as linguas máis faladas eran as seguintes (as cursivas indican unha lingua oficial dos Territorios do Noroeste): 1 Inglés 31 765 78,3% 2 Dogrib (Tłı̨chǫ) 1 600 3,9% 3 Francés 1 175 2,9% 4 Slavey do sur 775 1,9% 5 Slavey do norte 745 1,8% 6 Tagalo 745 1,8% 7Inuinnaqtun 470 1,1% 8 Dené 440 1,1% 9 Slavey (sen especificar máis) 175 0,4% 10 Gwich'in 140 0,3% 11 Cree 130 0,3%

Tamén houbo 630 respostas duplas tanto de inglés como dunha "lingua non oficial"; 35 tanto de francés como dunha "lingua non oficial"; 145 tanto en inglés como en francés, e unhas 400 persoas que non responderon á pregunta, ou informaron de varios idiomas non oficiais, ou ben deron algunha outra resposta innumerable. (As cifras mostradas na táboa corresponden ao número de respostas nun só idioma e á porcentaxe do total de respostas nun só idioma.)

Relixión No censo de 2021, o 55,2% da poboación era cristiá (principalmente o católica romana); isto supón un descenso con respecto ao censo de 2001, no que o 67,6% profesaba esa relixión. Ao mesmo tempo, a poboación que indicou non ter afiliación relixiosa duplicouse, pasando do 17,4% en 2001 ao 39,8% no censo de 2021. Ao redor do 5,0% informou doutras afiliacións relixiosas.

Comunidades +As cinco maiores localidades por poboaciónConcello2016Yellowknife19 569Hay River3 528Inuvik3 243Fort Smith2 542Behchokǫ̀1 874 A partir de 2014, hai 33 comunidades oficiais nos Territorios do Noroeste. Estes varían en tamaño desde Yellowknife cunha poboación de 19 569 ata Kakisa con 36 persoas. O goberno de cada comunidade difire, algunhas están dirixidas a varios tipos de control das Primeiras Nacións, mentres que outras son designadas como cidade, vila, aldea ou asentamento, pero a maioría das comunidades teñen corporacións municipais. Yellowknife é a comunidade máis numerosa e ten o maior número de poboación indíxena, 4 520 persoas (23,4% do total). Non obstante, Behchokǫ̀, cunha poboación de 1 874 habitantes, é a maior comunidade das Primeiras Nacións, 1 696 (90,9% do total), e Inuvik con 3 243 persoas é a maior comunidade inuvialuit, 1 315 (40,5% do total). Hai unha reserva india nos Territorios do Noroeste, a reserva Hay River, situada na beira sur do río Hay.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial dos Territorios do Noroeste

Categoría:Provincias e territorios do Canadá Categoría:Mar de Beaufort