miniatura|Dreidel. miniatura|Tipo de bailarete cun funcionamento característico (en sueco snurra). miniatura|Freestyle cunha buxaina. miniatura|Bailaretes xaponeses. Un bailarete é un corpo que pode xirar sobre unha punta sobre a que se sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase como xoguete existindo numerosas formas derivadas da peonza clásica, que se fai xirar coa man, normalmente grazas a un saínte en vertical que permite imprimir a forza angular. Tamén foron utilizadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais. De feito, crese que este xogo, de orixe arcaica, está asociado con rituais de adiviñación e interpretación de presaxios en certa época do ano, utilizándose para recrear o movemento dos astros, dando posiblemente como froito á perinola.
En español realizáronse múltiples derivacións como piuca, repión ou mona.Manuel Alvar, El peón, la peonza y el zumbel en Andalucía , Universidade de Granada, acceso 4 de marzo de 2011. A súa forma máis estendida é a buxaina (ou peón), polo que ambos os termos utilízanse como sinónimos.Diccionario da Real Academia Galega. Bailarete. En portugués, tamén se observan múltiples derivacións de pião como pinhão, como é chamado nalgunhas partes do Brasil, como corruptela de pião,CASCUDO, Luís da Câmara. Dicionário do Folclore Brasileiro, Ediouro, Rio de Janeiro, 10ª ed., s/d, ISBN 85-00-80007-0 xindire en Maputo, n'teco en Nampula e mbila en Niassa e en Mozambique).António Cost, Brinquedos Infantis - a boneca, o pião e o cavalo de pau , acceso 3 de decembro de 2007 (en portugués). En inglés coñécese como spinning top ou soamente top e en ruso como bолчо́к o юла́. Destaca o seu desenvolvemento no Xapón onde hai máis de mil clases de bailaretes distintas.Embaixada do Xapón en Uruguai, Cometas e buxainas no Xapón , acceso 4 de marzo de 2011. En alemán denomínase kreisel.Peitschenkreisel, acceso 4 de marzo de 2011 (en alemán). Funcionamento O efecto xiroscópico permite que se manteña sobre a súa punta ata que o vector peso (masa · gravidade) termina por tomar unha inclinación con respecto ao eixo provocando unha variación na localización do centro de gravidade. Isto provoca unha variación na traxectoria de xiro que comeza a describir círculos propiciando a caída do bailarete. Deste xeito a caída é directamente proporcional ao mencionado ángulo e ao vector peso, e inversamente proporcional á velocidade de xiro.
Sendo: g: Vector gravidade. m: Masa. c.m.: Centro de masas. r: Vector distancia entre o centro de masas e o punto de apoio. L: Vector momento angular da forza. θ: Ángulo de inclinación da peonza respecto da perpendicular do chan. Φ: Ángulo percorrido durante o xiro, pertencente ao vector momento angular. Δ: Variación.200px
Desta forma, pasado o tempo o rozamento co aire e sobre todo co chan provocan que o xiro váiase debilitando. Entón o centro de gravidade empeza a facerse máis inestable de tal xeito que a peonza comeza a virar non só sobre si mesma senón que describe círculos no terreo posto que vai tombándose, ata que perde por completo o equilibrio e comeza a rodar ata que se para.
Este proceso é común entre as súas múltiples variantes pero calquera dos seus elementos (desenvolvemento do xiro, forma de imprimir a forza angular, punto de apoio, distribución do centro de gravidade, mecanismo de rotación, impresión do rozamiento...) pode variar enormemente.
Tipos Aquí exponse algúns dos seus tipos, aínda que existen bastantes máis. Perinola ou pirindola ou pirinola. Buxaina ou peón. Levitrón. Bailarete tippe. Beyblade. Dreidel. Bambaram.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Buxaina Ligazóns externas
Categoría:Xogos