Milne Land ou Milneland é unha grande illa de 3.913 km², no fiorde de Scoresby Sund no leste de Groenlandia. É a terceira illa máis grande de Groenlandia, logo da illa principal de Groenlandia e da illa de Disko. O seu nome (Terra de Milne) débese ao almirante británico David Milne. A máxima elevación da illa é de 2.200 m.
Esta illa é popular entre os alpinistas.Eventyr, Milne Land, Pt. 1,295m, North Pillar
Xeografía A illa ten 113 km. de lonxitude desde o punto de Moraene no suroeste ata o punto de Bregne no nordés e ata 45 km de ancho, e 3.913 km² de superficie. É parte dun arquipélago que inclúe Storo e Illa Sorte no Noroeste, Illa Denmark no sur, e as Illas Bjorne no nordés. Cape Leslie é a punta sueste de Milneland.
A illa está separada: da península de Renland, no norte, por øfjord (6 a 10 km de ancho), da península de Gåseland, no sur, por Fønfjord (4 a 6 km de ancho), e da costa continental, no oeste, por Rødefjord (4 a 14 km de ancho), da gran península no leste, Terra de Jameson atópase a máis de 40 km a través do Scoresby Sund.
miniatura|300px|Mapa do NE de Groenlandia e Islandia.miniatura|320px|Un espellismo superior de xeo mariño e terra preto de Milne Land.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Groenlandia
Ligazóns externas Peakbagger The spectacular east face of Grundtvigskirchen
Categoría:Illas de Groenlandia