thumb|left|250px|Tractor en plantación de arroz, na Güiana. A economía da Güiana ten mostrado un crecemento moderado entre 1999 e 2007, baseado nunha expansión dos sectores agrícola e mineiro. A economía depende da exportación de 6 produtos: azucre, ouro, bauxita, camaróns, madeira e arroz - que representan case o 60% do PIB do país, e son susceptibles ás condicións climáticas e aos prezos internacionais.
Coa expansión dos negocios, ademais dunha taxa de interese máis realista, un control máis intenso da inflación e o apoio continuado de organizacións internacionais, a economía recuperouse despois das inundacións do 2005. O ingreso do país ao mercado común caribeño - Caricom - o xaneiro de 2006 ampliou os mercados de exportacións do país, especialmente as materias primas. A inflación foi mantida baixo control. En anos recentes o país baixou a súa débeda externa, que hoxe é menos da metade do que era no inicio dos anos 1990. Pero a pesar da mellora, o país ten buscado equilibrar unha débeda externa aínda grande coa necesidade de expansión do investimento público.
Os problemas crónicos inclúen carencias no número de traballadores cualificados e infraestruturas deficientes. Os baixos prezos de produtos-chave nos sectores mineiro e agrícola, combinados con problemas nas industrias de bauxita e azucre ameazan a xa tenue posición fiscal do goberno e ensombran o futuro.
Referencias
Guiana Categoría:Güiana