Xoán Hermenegildo Montes Capón, coñecido simplemente como Xoán Montes nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, foi un compositor, organista e director de música galego, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro.

Xoán Montes foi o primeiro director da Banda Municipal de Lugo en 1876 e fundou o Orfeón Lucense en 1879.

Traxectoria miniatura|300px|esquerda|Placa na praza de Santo Domingo, onde estaba a casa na que viviu e morreu. Se ben a familia de Xoán Montes procedía de San Fiz de Paz (Outeiro de Rei), o compositor naceu na Praza de Santo Domingo da cidade de Lugo o 13 de abril de 1840 sendo o terceiro dos catro fillos de María Juana Capón López e Félix José de Montes y Galloso, un empregado administrativo no Concello de Lugo. Bautizado co nome Juan Hermenegildo o mesmo día do seu nacemento, logo de saír do Seminario empregou tan só o primeiro dos dous nomes. O 1 de marzo de 1850, pouco antes de que cumprira dez anos morreu seu pai, e aos poucos meses, en setembro dese mesmo ano ingresou no Seminario Conciliar de LugoLiederabend, onde estuda a carreira sacerdotal (Latinidade e Humanidade, Filosofía e Teoloxía, obtendo as máximas cualificacións), compaxinando os seus estudos con clases de música na cátedra de solfexo coa que contaba o Seminario. Foi un músico eminentemente autodidacta, xa desde a adolescencia, cando a supresión no Seminario da cátedra de solfexo o obriga a realizar pola súa conta os estudos de música, que compaxinou cos relixiosos co consentimento dos seus profesores. O vicerreitor encoméndalle a creación dun coro de seminaristas, e empeza a compoñer as súas primeiras pezas: glosas, pregarias, himnos, motetes; entre eles Las siete palabras de Cristo en la Cruz, da que posteriormente (1889) fará un preludio instrumental.

Oposita á praza de organista da Catedral de Mondoñedo (1862), aínda que, ao non ter a idade requirida, só pode concursar a merito, isto é, sen dereito a praza.

Remata os estudos eclesiásticos no 1863 e renuncia á vida espiritual para dedicarse enteiramente á música, como pianista, compositor ou director, sendo con certeza un caso único en toda a historia da música galega, tanto pola cantidade como pola calidade e variedade dos seus traballos.

Foi mestre de capela interino e organista da Catedral de Lugo, director da Escola de Música do concello, e, tras reorganizala, da banda municipal da cidade, coa que deu infinidade de concertos, divulgando a música sinfónica, a de cámara e a coral. miniatura|300px|IES Xoán Montes de Lugo. Fundou en 1879 o Orfeón Lucense, posteriormente chamado Orfeón Galego, co que acadou grandes éxitos dentro e fóra de Galiza interpretando obras compostas por el mesmo sobre textos de poetas galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal, e que dirixiu até a súa morte.

En 1886 foille concedida a condecoración de Cabaleiro da Orde de Isabel a Católica, distinción que recusou con humildade. No final da súa vida aínda levou a termo a organización por encomenda do bispo da Schola Cantorum do Seminario.

Faleceu na cidade de Lugo dunha hemorraxia cerebral na madrugada do 24 de xuño de 1899.

Obra Música sacra Marcha fúnebre, 1892

Misa, 1892 Letrillas a San Francisco, 1893

Coro e orquestra Gozos a s. Ramón Nonato, 1859, a 6 v. e orquestra.

Gozos a sta. Tomás de Aquino, (I) 1860, a 5 v., orquestra e órgano. O salutaris hostia, 1860 para 2 tenores e baixo solistas, coro a 4 v., coro de baixos, orquestra e órgano. Gozos a sta. Tomás de Aquino, (II) 1862, coro, orquestra e órgano. Gozos a la Trinidad (I), 1862, coro, orquestra e órgano. Gozos a la Trinidad (II), 1863, coro a 3 v., orquestra e órgano. Las siete palabras, 1ª versión, 1864, para coro, orquestra e órgano. 2ª versión para coro e orquestra, cun Preludio orquestral de 1899. Te Deum, 1887, para coro, orquestra e órgano. Beatus vir, 1887, para coro a 3 v., orquestra e órgano. Oficio de difuntos y Misa de requiem, 1891. Para coro mixto a 3 v., orquestra e redución para órgano. Miserere, para coro a 5 v., orquestra e órgano. Misa en honor del Apóstol Santiago. Para solos, coro e orquestra.

Música escénica Entre gente de manteo, 1879 Orquestra Fantasía para orquesta, 1892 Banda Negra sombra.

Alborada gallega, 1887. Marcha de procesión sobre el "Ave maris stella", 1889. Sonata gallega descritiva, 1890. Pasodoble sobre aires populares gallegos.

Cuarteto Sonata gallega descritiva, 1890.

Balada gallega y muiñeira, 1895, versión para sexteto e piano.

Coro Salve Regina, 1857, para coro a 4 v.

Glosa al Sacramento, 1857, para coro a 4 v. e órgano Quem terra, pontus, sidera, 1857, para coro a 3 v. Stabat Mater, 1857, a 2 v. de soprano "Em belém há muita festa", vilancico ao Nacemento de N. S. X. 1857, para coro dobre, 1º a 2 v., 2º a 4 v., orquestra e órgano. Gozos a s. Lorenzo de Brindis, 1859, a 3 v. e órgano. A la Inmaculada, 1859, a 3 v. e órgano. Veni, Creator Spiritus, 1860, a 3 v. brancas e órgano. Gozos a la Concepción, 1861, a 3 v. e órgano. Letrilla a la Virgen, 1861, a 4 v. e órgano. Plegaria a la Santísima Virgen, 1890, para orfeón e órgano (ad libitum) "El piélago del mundo", Plegaria a la Virgen, 1890, para orfeón. Ego sum panis vivus, para coro. O salutaris hostia, 1896, para orfeón. Genitori, para orfeón a 3 vb. Magnificat, para coro duplo, a 3 v. cada un e órgano. Himno a Gutenberg, para orfeón. "Todo en silencio yace", Nocturno, para orfeón. Adiós, para orfeón. "Llega la noche en alas". Barcarola, para orfeón. "Ya la rosada luz de la aurora", 1878, Serenata para orfeón. "Viento en popa", 1892, Barcarola para orfeón. "Ai!, Marujinha, por Deus dá-me um beijo". Muiñeira para orfeón. "Rapazinha, se quiseres", Muiñeira, 1892, para orfeón. Negra sombra, versión para orfeón a 4 v. Lonxe da terriña, versión para orfeón. As lixeiras andoriñas, 1890. Balada, versión para orfeón.

Voz e piano 6 baladas galegas: "As lixeiras andoriñas"; "Doce sono"; "Negra sombra"; "Lonxe da terriña"; "Unha noite na eira do trigo"; "O pensar do labrego"Partitura en Galiciana

Sonata gallega descritiva, 1890 "Ven, bella mía", Danza "Hermosa niña", Danza "Duerme la gota trémula", Romanza, 1892 Y a mí qué me cuenta Ud. Habanera "Como el rocío". Valse "Aquí va la Venatoria", Valse a la Venatoria, 1888

Voz e órgano Lamentación "Cogitavit Dominus", 1865, para unha voz e órgano. Ego sum panis vivus, a 2 v. e órgano. Miserere, a 2 v. e harmonio. Este confesor, para orfeón a 2 v. e órgano. Letrillas a la Santísima Virgen, a 2 v. e órgano. "Yo soy feliz", Letrillas al Ssmo. Sacramento, a 3 v. e órgano. "En Belén hai muita festa", vilancico ao Nacemento de N. S. X. 1857, para 2 v. e órgano. Marcha de procesión sobre el "Ave maris stella", 1889, versión para 2 v. e órgano. Jaculatoria a la Santísima Virgen, a 1, 2 o 3 v. e órgano.

Órgano Marcha de procesión sobre el "Ave maris stella", 1889 Piano Melodía para a man esquerda.

Andante sentimental. Mazurca. Gavota improvisada. Bailados para orquestra: 3 Cuadrillas, 4 Mazurcas, 3 Valses, 4 Habaneras (a 4ª para 2 v. e piano), Polca.

Piano a 4 mans Valse. Mazurca. Bailados: Mazurca, Valse, Polca. Habanera, a 6 mans. Balada, para piano e harmonio. Aires gallegos, para piano e harmonio.

Harmonio Scherzo Aires gallegos: Muiñeira, Alborada, Muiñeira Muiñeira Danzas: Valse, Mazurca, Polca Jota Balada gallega y Muiñeira, 1895

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía Cañada, Silverio (ed.) Gran Enciclopedia Galega.

LASTRA MAGADÁN, Teresa. Xoán Montes. Lugo: Ed. El Progreso de Lugo, S.L., 2002 LÓPEZ-CALO, José. Juan Montes, seminarista de Lugo: Obras musicales. Lugo: Ed. Deputación Provincial de Lugo, 2001 LÓPEZ-CALO, José. «Juan Montes. El hombre, el músico». Cuadernos de música iberoamericana. Vol. 7 (1999) LÓPEZ-CALO, José: Obras musicales de Juan Montes. 11 volúmenes. Xunta de Galicia. 1992- LÓPEZ-CALO, José: Juan Montes, seminarista de Lugo. Obras musicales. Deputación Provincial de Lugo, 2001 TRILLO, Joám: Juan Montes: Obras para piano. Agadic, Dos Acordes, 2016 TRILLO, Joám: Juan Montes: Obras para piano a 4 y seis manos. Agadic, Dos Acordes, 2016 VARELA DE VEGA, Juan Bautista. Xoán Montes, o músico de Lugo. Lugo: Ed. Excmo Concello de Lugo, Padroado de Cultura, 1999 VARELA DE VEGA, Juan Bautista. El músico Juan Montes y los poetas gallegos. Valladolid: Imprime Gráf. Andrés Martín S.L., 2001 VARELA DE VEGA, Juan Bautista. Juan Montes, un músico gallego. A Coruña: Ed. Deputación da Coruña, 1990 Varela de Vega, Juan Bautista. Cinco séculos de música na Catedral de Lugo. VVAA. Congreso sobre Juan Montes. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, difusión cultural, Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, Diccionario de la música española e hispanoamericana. Sociedad cultural de autores y editores.

Ligazóns externas "Negra sombra", No bico un cantar, TVG. Radio 2. Sinfonía de la mañana. Relato Sobre Juan Montes Capón

Categoría:Directores de orquestra de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Organistas