O Jabal Katrina (en árabe: جبل كاثرين) é unha montaña con 2.637 metros de altura que constitúe a maior elevación orográfica de Exipto.
Nome O nome Jabal Katrina é unha transcrición do árabe, cuxa tradición literal é "montaña" (jabal) de "Catarina" (Katrina), en alusión a Santa Catarina. Pode traducirse por Monte Catarina ou talvez, mellor, como Monte de Santa Catarina. Así en francés é mont Sainte-Catherine.
Situación O Jabal Katrina érguese no sur da península do Sinaí, no noroeste do territorio exipcio, na gobernación de Janub Siná.
Tradicións relixiosas O Jabal Katrina corresponde ao lugar no que Moisés recibiu as táboas da Lei, e non o que actualmente se identifica como o monte Sinaí.
Nunha aba do monte edificouse, desde moi antigamente, o mosteiro de Santa Catarina, que fica en realidade entre dúas elevacións: unha que corresponde ao cume onde Moisés recibiu as táboas da lei, e outra onde o corpo martirizado de Santa Catarina foi depositado por anxos, segundo a tradición.
Véxase tamén
Outros artigos
Península do Sinaí Monte Sinaí Mosteiro de Santa Catarina
Jabal Katrina