miniatura|dereita|250px Fedro (en ) é un diálogo de Platón. A obra é posterior á República, e presenta moitas afinidades temáticas co Banquete. É da penúltima fase da obra platónica e foi escrito contra o ano 370 a.C.

Trátase dun debate de Sócrates con Fedro, un interlocutor que aparece tamén noutros textos de Platón. Malia que o seu tema central é o amor, a discusión xira tamén arredor da arte retórica e como esta debe practicarse. Así mesmo, explora asuntos tan diversos coma a metempsicose (a noción grega da reencarnación), o amor erótico ou a natureza da alma humana, expresada mediante a célebre alegoría da cuadriga.

Véxase tamén Outros artigos Sócrates.

Ligazóns externas O Fedro en Grego antigo.

Categoría:Diálogos de Platón